Notas de prensa

Arranca a novena edición do festival Fancine de Lemos

A novena edición do Festival de cine Fantástico e de Terror Fancine de Lemos comeza este mércores 5 de xullo coa gala inaugural que terá lugar ás 21.00 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Na gala, que será conducida por Manola Porto, xornalista e locutora de Onda Cero Monforte, e que contará coa intervención de Iván Patiño, director do festival, e Marina Doutón, concelleira de cultura de Monforte de Lemos, entregarase o premio de honra Fancine 2023 á actriz e actriz de dobraxe Marian Salgado.

“Marian Salgado é unha das figuras máis importantes do fantaterror español. Con este galardón queremos recoñecer e homenaxear a súa contribución ao cine de xénero dos últimos 40 anos”, sinala Patiño.

Actriz e actriz de dobraxe, Salgado foi a voz de Linda Blair en "El exorcista" (1973), protagonizou "La endemoniada" (1975), participou en "El extraño amor de los vampiros" (1975), en "¿quién puede matar a un niño? (1976) e interpretou un gran número de personaxes en teatro, cine e radio.

Marian Salgado, que estará connosco todos os días desta edición do festival, será unha das persoas que formará parte do xurado que outorga os premios da sección de curtametraxes do certame e tamén estará presente noutras actividades do festival como o vermú- debate sobre fantaterror español ou a presentación do seu libro "La hija del periodista"

Fancine de Lemos, punto de encontro de profesionais do sector

Ao longo dos cinco días de duración do Fancine de Lemos, pasarán por Monforte recoñecidos profesionais do sector que participará en coloquios e clases maxistrais.

Alberto Vázquez, director de “Unicorn Wars”, película gañadora do Goya a mellor animación en 2022 e Khris Cembe, director de animación, presentarán a súa película o venres e participarán nunha mesa redonda sobre o sector do cine de animación español.

Ángeles Huerta, directora de “O Corpo Aberto” e Gaspar Broullón, productor, acompañaránnos na proxección o xoves 6.

Aída Cordero, directora, productora e membro do equipo de CIMA, formará parte do xurado do festival e participará o domingo, xunto a Marian Salgado e Reinaldo Pereira, subdirector do festival, no Vermú-Coloquio sobre Fantaterror español.

Marc Pujol, atrezzista, escenógrafo e creador do estudio Anomalia traerannos a exposición “Obxectos malditos do cinema” que, tras o seu paso polo festival de Sitges, exporá na Casa de la Cultura Lois Pereiro de Monforte reproduccións de pezas icónicas do mundo do cine de terror.

Estarán ademáis presentes varios directores e persoal do equipo das curtometraxes a concurso Adorable, Anecoica, A moza da bufanda vermella, Cadeas, Compañeiros, En tu mente, Visión parcial de una mañana insólita, Els Mal, Box Fox, O neno sardiña e Fantaterror.

Un festival para todas e todos: Sesión adaptada Asociación Agora

No Fancine de Lemos cremos nunha cultura inclusiva e accesible para todos. A primeira actividade deste ano será unha sesión de cine adaptada ás necesidades especiais dos usuarios da Asociación Ágora de Monforte de Lemos.

A asociación Agora é unha entidade monfortina sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade para a súa plena integración social.

Os usuarios da asociación poderán gozar da proxección da película “Scoob!” o mércores 5 ás 12:30 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro.

Fin de festa coa cantante Lucía Aldao

O sábado 8 tendrá lugar a gala de clausura onde se entregarán os premios da novena edición do Fancine de Lemos. O broche final do festival será a poeta e cantante galega Lucía Aldao, que ofrecerá un concerto no Bar Garden de Monforte de Lemos durante a festa de clausura organizada para os participantes no festival.

A coruñesa Lucía Aldao comezou na poesía na súa adolescencia e continuou como cantante e guitarrista. Leva máis de 20 anos dedicándose profesionalmente ao mundo da poesía escénica, da música e do humor. É unha das figuras máis destacadas do grupo poético “Poetas da Hostia” e creou xunto a Diego Delgado o proxecto musical alDDao, que formou parte activa do panorama musical barcelonés e galego a finais da década dos 2000.

Fancine de Lemos, 2023-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES