
Ter recibido máis de duascentas curtametraxes significa que o festival está consolidado non só a nivel nacional senón tamén internacional. Despois de tantas edicións, a Fancine de Lemos é unha auténtica aposta polas curtametraxes dentro dos festivais de cine fantástico en España, destaca Iván Patiño, director do festival dende a súa creación en 2014.
A novena edición do Fancine de Lemos celebrarase entre os días 5 e 9 de xullo e contará cunha selección oficial de vintetres curtametraxes a concurso, escollidas entre máis de trescentas obras do máis puro xénero de terror (Compañeiros, de Fernando Tato; "Adorable" de Marcos Colombres; "Cadeas" de Álvaro López; "Dativa" de Daniel Calavera; "Fantaterror" de Néstor Arránz e Óscar Rip; "Psicario" de Daniel Padró Targarona; "Luna" de Daniel M. Caneiro) , outras que engloban o fantástico ("Lique", de Anita Pico; "No hay fantasmas", de Nacho Solana; "Ovo", de Stiv Spasojevic; "White Butterflies", de Shuangshuang Yu e Jara García de Viedma), pezas de animación (Boxfox, de Aurora González Segura, Ángela Ronco Núñez e Juan José Romero Cortina; Dennis, de Carlos Beceiro e Guillermo Garzón), suspense (A moza da bufanda vermella, de Martín Cainzos; Visión parcial de una mañana insólita, de David Tangarife; Psycho Shower, de Yoel Rodríguez.), thriller psicolóxico (Anecoica, de Marcos Callejo; "Broken wings de Carlos Albero; "En tu mente" de Miguel Bañares; "Retap" de Víctor Marín).
Completan a oferta, cintas de humor terrorífico coma Pandemia Zombie de Ignacio Rodó onde mascarillas , aislamentos y pandemias conviven con zombies ou Els Mal, de David Mataró, unha película de amor adolescente entre vampiros.
Tampouco faltarán obras con referencias ao mundo de lendas galegas coma O neno sardiña, de Lucía Estevéz, unha historia de mitos, ríos e entroido que ven de recever o premio á mellor banda sonora en Cans.
Apostas diversas que, segundo Iván Patiño, reafirman a nosa crenza na importancia deste formato como precursor e inicio de grandes directores e directores.
As curtametraxes proxectaranse en catro proxeccións diferentes durante o festival e optarán a catro premios: Mellor Curtametraxe Nacional, Mellor Curtametraxe Internacional, Premio Especial do Público e Premio Algueira á Mellor Curtametraxe Galega, que se dará a coñecer na gala de clausura que terá lugar o sábado 8 de xullo na Casa da Cultura Lois Pereiro.
O xurado estará composto por tres mulleres con ampla experiencia e coñecementos no mundo do cine: Aída Cordero (directora, produtora e membro do CIMA), Marian Salgado (actriz e actriz de dobraxe) e Marina Doutón (concelleira de Cultura do Concello). de Moforte).
A programación de cine tamén inclúe seis longametraxes con opcións para todos os públicos: O Corpo aberto (Ángeles Huerta, 2022) e Unicorn Wars (Alberto Vázquez, 2022, Premio Goya á mellor película de animación) son unha teima persoal por incluir producciones gallegas, destaca Patiño. Ambas proxeccións contarán coa presenza dos seus directores. Scobby! (Tony Cervone, 2022) é a oferta dirixida ao público infantil e xuvenil. 'La endemoniada' (Amando de Ossorio, 1975) reivindica o mejor do Fantaterror español e homenaxea a unha das grandes artistas do xénero en España, Marian Salgado, a quen poderemos ver na outra grande aposta do festival: O pase especial de El excorcista (William Friedkin, 1973) con motivo do seu cincuenta aniversario.
A oferta de longametraxes complétase cunha proxección sorpresa que tendrá lugar o venres á noite no Parque dos Condes.
Marian Salgado, premio honorífico Fancine 2023
O Fancine de Lemos homenaxea na súa novena edición a Marian Salgado, unha das figuras máis importantes do fanterror español. Contaremos coa presenza da actriz que recollerá o premio honorífico 2023 e que estará presente na proxección de "La Endemoniada".
Teremos a oportunidade de compartir con Marian unha charla sobre o fanterror español, e a presentación do seu novo libro de relatos "Lo extraño que hay en mi" (Applehead Team Creations, 2022). Marian Salgado é actriz e actriz de dobraxe. Foi a voz de Linda Blair en "El Exorcista" (1973), protagonizou "La endemoniada" (1975), participou en "El extraño amor de los vampiros" (1975), en "¿Quién puede matar a un niño? (1976) e interpretou un gran número de personaxes en teatro, cine e radio ademais de ser autor de dous libros.
Exposicións, mesas redondas, vermús de cine e moito máis
Durante os cinco días de festival, os asistentes ao Fancine de Lemos poderán gozar dun calendario de actividades paralelas. Un dos fitos importantes desta edición é a Mostra "Obxectos de cine malditos", unha versión diferente, divertida e única das réplicas das pezas máis coñecidas do mundo do terror: Os icónicos e terroríficos obxectos da gran pantalla a man de Marc Pujol, escenógrafo, amante do macabro e creador de Anomalia, un estudo dedicado a facer pezas únicas de terror para o mundo audiovisual. Pódese visitar na Casa da Cultura Lois Pereiro.
O ciclo de charlas e coloquios xera espazos de encontro entre profesionais do sector onde compartir puntos de vista. Dentro deste ciclo teremos a oportunidade de escoitar a Alberto Díaz, fundador de Yaq Distribución na charla: "A distribución no mundo das curtametraxes e a autoconciencia da obra".
Teremos unha Mesa Redonda conUnicorn Wars e Gato Estudio: Un coloquio arredor dos procesos e desenvolvemento do cinema de animación. Un repaso ao estado actual deste xénero e as posibilidades e dificultades de levar a cabo os proxectos.
O historiador monfortino Felipe Aira achéganos a historia máis misteriosa e inquietante das terras máxicas de Lemos da man da charla "Veciños da Terra de Lemos acusados de meigas, adiviñas e feiticeiros" Da man de Marian Salgado, Aida Cordero e Reinaldo Pereira, poderemos gozar dunha sesión vermú moi especial: Vermú-coloquio sobre fanterror español, onde abordaremos o panorama español e repasaremos aos grandes directores de xénero deste país.
O broche final do festival será a proxección da película "O excorcista". A continuación, Marc Castro impartirá unha charla sobre "50 anos de O excorcista", onde falará do aniversario da película e da súa importancia na sétima arte.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.