
O obxectivo destas residencias é afondar nas relacións entre creación artÃstica, pensamento crÃtico e participación social, asà como fortalecer o contexto cultural, promovendo proxectos creativos vinculados á comunidade.
A presente edición, que contou con case 200 aplicacións, outorga dúas residencias e conta cunha dotación económica de 6.000 euros por cada un dos dous proxectos seleccionados. O programa pretende favorecer a creación dunha contorna óptima para o desenvolvemento do pensamento crÃtico desde o achegamento horizontal ao territorial, abrindo outras posibilidades de lectura e comprensión cultural e contribuÃndo á difusión do patrimonio natural e cultural de Galicia.
Sabrina Fernández Casas presentou “Alboroque”, un proxecto que propón o achegamento ao traballo das brigadas deseucaliptizadoras en Galicia, unha iniciativa de voluntariado ambiental, cuxo obxectivo é “facer fronte á degradación dos ecosistemas que causa a presenza do eucalipto e outras especies exóticas invasoras”. Presentando como referencia histórica o documental: “O monte é noso”, de Llorenç Soler de 1978, Fernández Casas expón a gravación das intervencións de recuperación nos bosques autóctonos levados a cabo polas persoas que integran estes grupos de traballo.
Pola súa banda, Diego Vites e Violeta Iglesias presentaron “(Algo queda) (Máis do que parece)”. Trátase dun proxecto que combina situacionismo e tarot nun exercicio de aproximación ao mundo máxico presente na cultura popular galega, xuntando dúas maneiras complementarias de achegarse: Diego Vites desde o mÃstico e máxico popular como ferramenta de creación artÃstica e, Violeta Iglesias, co emprego da creación como método para entender o misterio.
Ambos os artistas expoñen o traballo de Gustav e Marisa-Rey Henningsen, folcloristas e etnógrafos que recolleron, a través de expedicións de traballo de campo, referencias etnográficas e literatura oral da Galicia Máxica na década dos 60 e 70 ou o tarot deseñado por Xosé Vizoso para Edicións do Castro, como exemplos da relación entre estas forzas mÃsticas que operan no territorio. Ou fóra de Galicia, exemplos como a artista Hilma af Klint e a súa relación co espiritual, ou Alejandro Jodorowsky e o concepto da psicomaxia, como algunhas das referencias de partida.
Ambas propostas fan desta residencia un marco idóneo para o desenvolvemento das mesmas; a primeira, desde a denuncia a través dunha proposta artÃstica de conciencia ecosocial e a segunda, desde a valoración e integración dos imaxinarios populares e a interacción entre inmaterial, obxectual, máxico e simbólico.
Xurado
As propostas foron valoradas por unha Comisión de Avaliación constituÃda por Ãngel Calvo, crÃtico de arte e comisario; Ane RodrÃguez Armendáriz, xestora cultural e responsable do programa do Centro de residencias artÃsticas de Matadoiro de Madrid ata 2023; Leticia EirÃn, adxunta de Cultura da Universidade da Coruña e responsable de Normal e Susana González, comisaria, xestora cultural e directora da Colección de Arte FMJJ e área de arte da institución.
BiografÃa dos gañadores
Sabrina Fernández Casas (Xenebra, 1988).
A práctica artÃstica de Sabrina Fernández constrúe narrativas non hexemónicas, migratorias e post-industriais. Filla de emigrantes galegos en SuÃza, o interese polos incendios forestais e a destrución dos bosques foi unha constante desde moi pequena. En 2022 intégrase nas brigadas deseucaliptizadoras de Galicia. Titulada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, completou a súa formación no LUCA School of Arts de Bruxelas e na HEAD, École dÂ’art et de design, de Xenebra. É cofundadora de MACACO Press, un proxecto colectivo que explora a relación entre autoedición e performance, desde 2015. Entre as bolsas e residencias máis recentes destacan: a residencia artÃstica no Musée deas beaux-arts, La-Chaux-de-Fonds (CH) en 2023; a residencia artÃstica na Pro Helvetia, Fundación Sacatar, Bahia (BR), en 2023 e a bolsa de investigación na FMAC, Bourse Commun, Xenebra (CH), en 2021.
Os seus proxectos foron expostos no Centro de Arte Contemporánea de Xenebra (SuÃza), CAN-Centro de arte de Neuchâtel (SuÃza), La Capsula, Zúrich (SuÃza), Kiosko GalerÃa, Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), Kabinett deas Salzburger Kunstverein, Salzburgo (Austria), Weserburg|Museum für moderne Kunst, Bremen (Alemaña) ou La Casa Encendida, de Madrid (España), entre outros.
Diego Vites (O Grove, 1986) e Violeta Iglesias Maneiro (Ribeira, 1998)
A práctica artÃstica de Vites incorpórase no medio dunha multiplicidade de relacións abertas entre a pintura, a instalación, a acción, a escultura e o vÃdeo, nunha construción deliberadamente mediada polas imaxes da Historia da Arte. As súas instalacións funcionan como extensións escultóricas da súa pintura, os seus vÃdeos como ensaios de composición pictórica e as súas accións como modos de relacionarse coa produción simbólica singular da súa contorna. Pola súa banda, Violeta Iglesias é unha estudosa do tarot, cuxa formación procede do ámbito clÃnico e o laboratorio quÃmico, incorporándose recentemente ao campo da escultura.
Diego Vites (1986) é Licenciado en Belas Artes pola ULL en 2011, cursou o Máster en Arte, MuseoloxÃa e CrÃtica Contemporánea pola USC, Santiago de Compostela, entre 2008 e 2009, e o CAP na Universidade Alfonso X de Madrid, en 2009. Entre as bolsas e residencias máis recentes destacan DEPOCREA2022, 2022; primeiro premio no Duodécimo Premio Auditorio de Galicia de Novos Artistas, 2021; Residencias ArtÃsticas e de Investigación de Solar Tenerife, en 2018; Bolsa Novos Valores, Deputación de Pontevedra, 2016 ou Hacer2veces workshop FermÃn Jiménez Landa, Tabakalera, Donosta, 2015.
Entre as exposicións individuais destacan: Cabria para Normal, Normal Espazo de Intervención Cultural da UCD, 2022; Do primeiro mÃo, GalerÃa Besada O Grove, 2020; Que traballe tu madre, CICLÓN, SCQ, 2018 ou Médrame Vulto, Salga Alterarte. Ourense e as exposicións colectivas: Sempre máis, Auditorio de Galicia. SCQ, 2023; Xestos, formas e actos, GalerÃa Nordés, SCQ, 2022; Adiós / Volverán, Casa de Iberoamérica, Cádiz, 2022; Os Papeis da NEG, Museo do Pobo Galego, SCQ; Complexo Colosso, CIAJG Guimaraes, 2021.
Apoio á creación artÃstica
O Programa de Residencias ArtÃsticas FMJJ/NORMAL forma parte do programa de Mecenado da Fundación MarÃa José Jove para apoiar a formación, a produción e promoción da creación artÃstica. Súmase ao Bolsa de formación ArtÃstica FMJJ que permite cursar o Máster en Belas Artes do Art Institute FHNW de Basilea (SuÃza) a artistas nados en Galicia, ao Premio de Investigación e Ensaio sobre Aplicacións Terapéuticas da arte, ao Premio Internacional de Arte Marta GarcÃa-Fajardo ou as Residencias ArtÃsticas para artistas internacionais, asà como outros proxectos de produción e investigación, promovidos desde a área de arte.
NORMAL é un espazo cultural activo da Universidade da Coruña, un espazo de intervención, de creación e de debate, non un simple escaparate. NORMAL é un contedor para a produción/coprodución de iniciativas e de proxectos propios: nova escena contemporánea, cinema, artes visuais, multimedia, música avanzada etc. Sempre buscando ligar a cultura á vida pública no sentido máis amplo, con atención á reflexión sobre polÃticas de xénero e a cooperación.
MarÃa José Jove, falecida en marzo de 2002, estivo sempre vinculada ao compromiso social orientado aos colectivos menos favorecidos, constituÃndo a infancia unha das súas grandes preocupacións. Por este motivo, a súa familia quixo impulsar este proxecto e levar á práctica a súa extraordinaria sensibilidade, creando unha Fundación que leve o seu nome, baixo a presidencia de Felipa Jove Santos. Fundada en 2003, a Fundación MarÃa José Jove traballa en materia de infancia e inclusión social a través de catro áreas de actividade: Saúde, Educación e Formación, Lecer e Tempo Saudable e Arte.
A Xunta habilitou hoxe un apartado especÃfico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro dÃa 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aÃnda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.