Notas de prensa

O festival Groba arranca o 12 de agosto en Ponteareas nunha edición que reforza o seu labor pedagóxico para novos talentos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da nova edición do Festival Groba que comezará o 12 de agosto en Ponteareas co apoio da Xunta e que, tras o éxito da pasada edición, repetirá o seu programa especial pedagóxico para artistas novos e estudantes, centrado na práctica da música de cámara. O Director tivo un recordo especial ao mestre Groba, finado en 2022, impulsor dunha iniciativa “que ano a ano demostra o potencial da música clásica en Galicia”.






Valorou especialmente a súa aposta polos máis novos, na liña da liña de traballo da Xunta de Galicia por "promover o desenvolvemento artístico de músicos máis novos e apoiar aos novos talentos, un asunto que centra toda unha área de traballo do Plan Xeración Cultura, a folla de ruta da Xunta de Galicia.

O cartel deste ano do Festival Groba arrancará o 12 de agosto e estenderase ata o 18 con diferentes concertos para todos os públicos. O seu programa pedagóxico ofrecerá clases gratuítas de música de cámara impartidas polos principais artistas convidados e aos participantes daráselles a oportunidade de presentarse nalgúns dos concertos do festival, compartindo escenario cos seus mentores.

Nesta segunda edición do programa participarán 14 estudantes de música e contarase coa colaboración, entre outros, da Boston String Academy, centro de formación americano pioneiro, e a Orquestra de Cámara Galega. Incluiranse repertorios que van desde Vivaldi ou Bach ata creacións do mestre Groba e outros compositores contemporáneos doutro lado do Atlántico. Toda a información e o programa está dispoñible na páxina web do festival.

R., 2023-06-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES