
A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, presidiu o acto inaugural que se desenvolveu este mércores 21 na Igrexa da Universidade, e que contou coas intervencións de Xoan Antonio Allegue López, presidente de Martín Códax, e Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago de Compostela. Ao finalizar o acto tivo lugar unha visita guiada pola exposición da man da asociación Sete Espadelas.
Entre 1924 e 1926, Archer Milton, fundador da Hispanic Society of America de Nueva York, enviou a Ruth Matilda Anderson a Galicia en varias expedicións, para recoller todo o material etnográfico que estaba a piques de perderse: vestiario, oficios, festas, costumes, feiras, tradición. A partir dos retratos da fotógrafa americana, a exposición presenta unha ampla escolma de pezas de roupa (moitas delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos da época) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais do momento.
Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos das persoas visitantes, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible, explican dende a organización. A mostra ofrece así unha viaxe no tempo, unha ollada á Galicia de cen anos atrás, coa que recuperar para a memoria oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, ou os traballos no mar e no campo. En definitiva, a cultura popular galega atravesada pola ollada de Ruth Matilda Anderson.
Visitas
A exposición poderá ser visitada libremente e sen necesidade de reserva de martes a venres de 17.30 a 20.30 horas, os sábados de 11.00 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas, e os domingos de 11.00 a 14.30 horas. Ademais, todos os sábados ás 11.30 horas haberá visitas guiadas da man da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, que comisaría a Exposición, e as entradas deberán reservarse previamente na web da Adega Martín Códax.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.