Notas de prensa

'El Avaro' de Moliére, Premio do Público da 40 Mostra de Teatro de Cangas

A compañía andaluza Atalaya Teatro celebra o seu 40 aniversario da mellor das maneiras posibles en Cangas, recibindo o Premio do Público desta tamén 40 edición da Mostra. Este recoñecemento é froito das votacións anónimas que os espectadores e espectadoras poden emitir ao final de cada obra no Auditorio. Ao finalizar o espectáculo, o público ten á súa disposición uns papeis co nome da obra dese día cunha puntuación do 1 ao 5 para que fagan a súa valoración.

Despois de puntuar, só teñen que introducir o papel nunha urna, que permaneceu pechada até a finalización de todos os espectáculos representados no Auditorio, o sábado 8 de xullo.

'El Avaro' recibiu unha valoración de 4,94 puntos sobre 5. A segunda e terceira obra máis votadas polo público foron, respectivamente, 'In petto' (Okidok), cunha valoración de 4,85 puntos; e 'Los Días Ajenos de Bob Pop' (El Terrat), con 4,79 puntos.

'El Avaro' é unha das obras mestras de Molière e un dos seus últimos textos. A obra amosa o lado máis mesquiño e egoísta do ser humano, onde se leva alo extremo os problemas xerados polo diñeiro e o poder, o que resulta, lamentablemente, de notable actualidade. Ao tempo percíbese o maltrato que Harpagón propina aos seus empregados e o seu exacerbado sexismo. Con oito actores e actrices en escena, o espectáculo enmárcase nos grandes proxectos da compañía, e máis en concreto, entre os que se presentan en clave de musical.

Carmen Gallardo, Silvia Garzón, Selu Fernández, María Sanz, Enmanuel García, Garazi Aldasoro, Raúl Vera e Lidia Mauduit conforman o elenco de actores e actrices da obra, dirixida e adaptada por Ricardo Iniesta.

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, 2023-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES