
Dez propostas achegarán de novo a música dos séculos XX e XXI a Compostela, nunha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, en cuxa organización intervén a USC, que terán lugar do 1 ao 27 de xuño en varios espazos da cidade, con entradas de balde. As XMC están organizadas por Auditorio de Galicia e o Centro Galego de Arte Contemporánea, e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.
A vicerreitora de estudantes e cultura da USC, Pilar Murias; a concelleira de Acción Cultural en funcións, Mercedes Rosón; o deputado provincial en funcións, Xurxo Couto; o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago Olmo xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, XaquÃn López, presentaron unha nova edición destas Xornadas baixo o tÃtulo 'A voz a escena'.
O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüÃsticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxÃas activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxÃas da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de ArtesanÃa 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor MartÃnez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornerÃa de madeira, resultou gañador na categorÃa Produto e a Fundación ArtesanÃa de Galicia obtivo o recoñecemento na categorÃa Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'ArtesanÃa no Prato'.