Archivo (8 del 2024)

Buscador

Noticias

O 50º Premio de Poesía de Vilalba, dotado con 7.000 euros, diploma, flor natural e a edición do libro premiado, foi entregado a Andrea Fernández Maneiro, de Vilagarcía de Arousa pola Alcaldesa, Marta Rouco. A poeta arousá recibiu o premio polo libro MERIDIANO ORIXE. O libro será publicado pola editorial Alvarellos. O premio foi concedido polo xurado formado por Darío Villanueva, da Real Academia Española; Ramón Villares, da Real Academia Galega, Cecilia Fernández, Doutora en Teoría da Literatura e escritora; Fidel Fernán, Director do Grupo Radio Principal: Xulio Xiz, xornalista; Tamara Rodríguez, Concelleira de Cultura e, como secretaria, Mª Sonia García, funcionaria do Concello de Vilalba.
A Alianza galega polo clima, promovida pola Xunta, comezará unha nova etapa coa posta en marcha dunha oficina de apoio para empresas e entidades galegas, así como a programación, a partir de setembro, dunha serie de workshops, encontros, foros e eventos formativos para establecer espazos de intercambio de experiencias e boas prácticas, impulsar novas canles de comunicación e networking, e formar ao tecido produtivo en temas medioambientais.
Manuel María, o poeta da Terra Chá, morreu o 8 de setembro do ano 2024. Desde entón, cada ano, Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María, o 8 de setembro, celebran a "Memoria da Chaira Enteira", á que este ano corresponde a XX edición. O centro de celebración é a terra natal de O Manuel, Outeiro de Rei, e comezará ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra. Seguiralle (17,00 h.) un recital de poemas de Manuel María no simbólico lugar de As Penas de Rodas, tan querido polo autor de "Terra Chá", libro que conforma a infraestrutura cultural básica desta unidade xeográfica e humana que ocupa o centro da provincia de Lugo.
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asinou hoxe coas organizacións empresariais e sindicais do ensino concertado o acordo de xubilación parcial dos docentes do ensino concertado. Esta medida, que comezará a aplicarse en setembro, estima que poderá beneficiar a uns 400 profesionais do ensino. Este acordo, aprobado a principios de mes no Consello da Xunta, foi asinado polas organizacións sindicais Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanzas (FSIE), Unión Sindical Obreira (USO), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO), así como polas patronais Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de Galicia (CECE Galicia), Escolas Católicas e Asociación de Centros de Ensino de Economía Social de Galicia (ACES-Galicia).
A Consellería do Medio Rural promove a creación da Ruta das igrexas e da denominación de orixe protexida (DOP) Arzúa-Ulloa como instrumento de dinamización do rural e produto turístico. Esta iniciativa, que capitanea o concello de Curtis, beneficiará outros 31 municipios máis pertencentes ás comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza. A conselleira, María José Gómez, salientou que esta iniciativa representa "sustentabilidade do territorio" e serve para "poñer en valor o patrimonio unido á gastronomía e a ese territorio coidado e traballado".
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o papel fundamental que xoga o sector vitivinícola na economía galega, tendo un carácter estratéxico ao xerar emprego, sobre todo no rural, fixando poboación con xente nova e promovendo o selo Galicia Calidade. Así o manifestou durante unha visita á bodega As Laxas, no concello pontevedrés de Arbo, no que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e na cal enxalzou a traxectoria desta "empresa familiar" como exemplo de emprendemento rural que, ao longo de catro xeracións, conseguiu combinar tradición e innovación, acadando "moito nome xa en toda Galicia".
O conselleiro de Educación visita a libraría Escolma na cidade de Pontevedra e confirma que "Somos a única Comunidade onde o acceso a todo o ensino é de balde, desde as escolas infantís ata a obtención dun título universitario ou de FP". Román Rodríguez detallou "a ampla batería de medidas en Galicia para facilitar a volta ás aulas aos fogares e promover a igualdade de oportunidades". Blíndanse as axudas para libros de texto e material escolar, un modelo do que se benefician 7 de cada 10 alumnos e que aforra máis de 100M euros ás familias.
Os hoteis e pensións galegos recibiron o pasado mes de xullo máis de 600.000 viaxeiros que fixeron preto de 1,3 millóns de noites, o que supón un incremento de 2,5% e que trouxo consigo bos datos económicos para o sector, cun incremento da rendibilidade hoteleira de máis do 7%. Así se desprende das magnitudes feitas públicas hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre viaxeiros e noites nos hoteis e pensións rexistrados en xullo. A falta de coñecer os datos do resto de establecementos de aloxamento que se publicarán a vindeira semana, constátase que o turismo en Galicia acumula tres anos consecutivos de estabilidade no verán e consigue situarse por riba dos valores previos á pandemia, superando nun 5% a cifra de xullo de 2019 en hoteis e pensións.
Galicia acordou, xunto ao resto de comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, no marco da Comisión de Saúde Pública, reforzar a información e as medidas para a detección e control da varíola do mono (mpox), tal e como se leva realizando xa nos últimos días desde a Consellería de Sanidade. A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirmou que Galicia está a intensificar a vixilancia epidemiolóxica de mpox, así como o seu control e prevención primaria a través da vacinación dos contactos estreitos e grupos de risco.
A aplicación eResiduos, que forma parte da Plataforma GaiA de información ambiental de Galicia, está a ser utilizada por más de 3.500 empresas, segundo o último balance da Estratexia Galicia Dixital 2030. Entre outras accións, a aplicación permite rexistrar notificacións previas e traslados de residuos; realizar de forma telemática as notificacións relativas a materiais perigosos; levar o arquivo cronolóxico esixido pola lexislacións, ou levar un rexistro de entradas e saídas de produtos e subprodutos. A aplicación eResiduos, que forma parte da Plataforma GaiA de información ambiental de Galicia, está a ser utilizada por más de 3.500 empresas.
« Anterior | 1  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (367)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES