Noticias

Rueda subliña o papel estratéxico do sector vitivinícola na economía de Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o papel fundamental que xoga o sector vitivinícola na economía galega, tendo un carácter estratéxico ao xerar emprego, sobre todo no rural, fixando poboación con xente nova e promovendo o selo Galicia Calidade. Así o manifestou durante unha visita á bodega As Laxas, no concello pontevedrés de Arbo, no que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e na cal enxalzou a traxectoria desta "empresa familiar" como exemplo de emprendemento rural que, ao longo de catro xeracións, conseguiu combinar tradición e innovación, acadando "moito nome xa en toda Galicia".

O titular do Goberno galego subliñou a relevancia que teñen cada vez máis os viños galegos en todo o mundo, supoñendo un atractivo turístico da comunidade, un "turismo con sentidiño que é o que queremos atraer a Galicia".

Nesta liña, reafirmou o compromiso da Xunta para seguir axudando ao sector vitivinícola con "menos burocracia e máis facilidade para xestionar a terra". Así, existen xa diferentes liñas de axudas, como os 4 millóns de euros destinados este ano á reconversión de viñedos e ao fomento de variedades autóctonas; os 1,7 millóns para a promoción dos viños no estranxeiro; e os 4,5 millóns dispoñibles para cubrir os custos de elaboración e comercialización dos produtos.

O presidente tamén fixo referencia á excelente produción rexistrada na vendima de 2023, a máis abundante da última década, e apuntou a que este ano de novo será "moi boa". Así, Rueda quixo recoñecer o esforzo dos máis de 10.000 viticultores galegos, dos cales máis de 1.500 pertencen á subzona do Condado do Tea onde se atopa As Laxas.

R., 2024-08-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES