
A entrega do premio celebrouse no decurso do acto de celebración das 50 edicións do Certame Literario de Vilalba, o máis antigo e de maior dotación de Galicia, iniciado en 1975 pola entón concelleira de Cultura, Loli Soto, que fixo un resumen daquel comezo.
No mesmo acto, Xulio Xiz, membro do xurado desde 1975, fixo un resumo das cincuenta edicións do Certame, e o escritor vilalbés residente en Madrid Miguel Barrera, pronunciou o Pregón das Festas patronais de San Ramón e Santa María.
Na fotografía, de esquerda a dereita: Xulio Xiz, Tamara Rodríguez, Andrea Fernández, Henrique Alvarellos e Mª Sonia Garcia.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.