Archivo (12 del 2024)

Buscador

Noticias

Portos de Galicia constatou a recollida de máis de 10.000 quilos de lixo dos fondos mariños do litoral galego no pasado ano 2023, no marco dos proxectos Upcycling the Oceans e Mares Circulares. Así pois, ambas iniciativas, centradas na recollida non intencionada de lixo durante as tarefas extractivas dos profesionais do mar, fundamentalmente da pesca, permitiron extraer 10.700 quilos de residuos, cun volume total de 108 metros cúbicos.
2024 foi un ano histórico para o Camiño Portugués da Costa: O itinerario costeiro entre Porto e Santiago de Compostela acadou os 74.695 peregrinos, un 41,5% máis que en 2023 (52.754 persoas), o que supón o 15% do total das rutas xacobeas ao seu paso por Galicia. Concretamente, polo Albergue Público de Peregrinos Juan Manuel López Chaves, ata este luns pasaron 11.156 peregrinos, fronte aos 10.945 que se aloxaron en 2023. No ano 2022 foron 7.950 e en 2021, ano no que se inaugurou o albergue, a cifra chegou a 1.950, o que fai un total de 32.001 persoas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o restablecemento completo do viaduto do Castro mellorará as conexións de Galicia coa meseta tras máis de tres anos de obras. 'Hoxe é un día moi importante para Galicia, Castela e León e toda España porque esta infraestrutura vertebra ao noso país e une dúas comunidades irmáns', salientou. O titular do Executivo galego participou hoxe no acto de reapertura desta infraestrutura, no que tamén estiveron presentes o ministro de Transporte e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco. Rueda destacou que a posta en marcha deste treito supón unha 'boa noticia' para 'os cidadáns, os transportistas e as empresas'.
A Xunta de Galicia porá en marcha o próximo ano un mercado voluntario de créditos de carbono ao que poderán recorrer empresas, entidades e a propia cidadanía para compensar as toneladas de dióxido de carbono (C02) que emiten a través da execución de proxectos de carácter medioambiental como, por exemplo, iniciativas de reforestación ou vinculadas coa acuicultura. A Xunta pretende desenvolver este mercado a través dun decreto, actualmente en tramitación e cuxa aprobación está prevista para o primeiro trimestre do próximo ano, e coa posta en marcha das ferramentas tecnolóxicas necesarias para xestionar os créditos de carbono e aplicar as metodoloxías de cálculo que permitirán xerar os créditos correspondentes a cada proposta.
O Consello aprobou o Plan de axilización e simplificación dos trámites de dependencia e discapacidade, dotado de 90 millóns de euros, que busca entre outras cuestións reducir as esperas á hora de recibir unha prestación e garantir que ningunha persoa agarde máis de seis meses desde que presenta a solicitude e ata que se lle concede o servizo ou axuda necesaria. Nesta liña e coa finalidade de axilizar ao máximo os trámites, vaise reducir a burocracia e a partir de agora só haberá que presentar unha única solicitude na que xa haberá a información familiar e social do solicitantes para poder resolvela coa máxima celeridade.
Galicia vén de converterse na primeira comunidade autónoma en acadar no seu servizo público de saúde a autocertificación do Programa de optimización do uso de antibióticos en todas as áreas sanitarias no ámbito da atención primaria. O Servizo Galego de Saúde conseguiu acadar o obxectivo marcado para este ano, que era autocertificar no ámbito da atención primaria, dun xeito sincronizado, as sete áreas sanitarias. Para acadar a autocertificación é preciso cumprir 18 estándares.
O valor engadido bruto xerado polo sector do deporte en Galicia no ano 2022 ascendeu a máis de 620 millóns de euros, segundo a Conta Satélite do Deporte de Galicia feita hoxe pública polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este dato representa o 0,9 % do Produto Interior Bruto xerado na Comunidade autónoma nese exercicio. En termos de emprego, e segundo o mesmo estudo, o sector deportivo é responsable directo de 16.436 postos de traballo, o que representa o 1,4 % do total da economía galega. A meirande parte é asalariado, cunha remuneración próxima aos 515 millóns de euros.
A idade é a principal condicionante da evolución da modernización tecnolóxica nas áreas do rural de Galicia nas que, por primeira vez, a contratación de internet de banda larga acadou o 90,3% en 2023, segundo se desprende dos datos incluídos no informe que ven de publicar o Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA). A contratación de internet de banda larga medrou dende un 69,4% en 2016 ata o 90,3% de 2023, o que implica un crecemento de máis dun 30%. A porcentaxe achégase cada vez máis a media de Galicia, que está nun 94,3%, o que indica que se está a reducir a fenda entre os ámbitos rurais e urbanos.
Galicia é a comunidade autónoma que lidera o grao de execución dos pagos da Política Agraria Común (PAC) cun 83% do total xa aboado, fronte ao 53% da media estatal. Ademais, Galicia atópase a 11 puntos de referencia en comparación coa segunda rexión máis avantaxada, que executou o 72%. Neste sentido, maniféstase o compromiso do Goberno autonómico co sector primario galego, apostando sempre pola axilidade á vez que se garante a seguridade xurídica dos máis de 23.000 gandeiros e agricultores que se benefician cada ano destas achegas.
O Consello da Xunta deu luz verde ao Plan sanitario galego de inverno 2024-2025 que conta como novidades cunha rede de farmacias sentinela e un modelo matemático que servirán para predicir as necesidades asistencias derivadas de infeccións respiratorias agudas. Así, Galicia será pioneira na posta en marcha deste plan para afrontar coas máximas garantías a tempada de gripe e de infeccións respiratorias, a través da prevención, a vixilancia epidemiolóxica, a planificación dos recursos asistenciais e o seguimento e monitorización continua. O plan suporá un investimento extraordinario de 8 millóns de euros en persoal, que se suman aos 11,3 millóns de orzamento da campaña de vacinación.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (11)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES