
Este foi un dos temas centrais das xuntanzas que mantivo en Bruxelas a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, con diferentes altos cargos e responsables comunitarios de direccións xerais das áreas da súa competencia no marco da súa viaxe institucional para participar en nome das 17 comunidades autónomas no Consello de Ministros de Medio Ambiente da UE.
En concreto, explicou que a Xunta pretende desenvolver este mercado a través dun decreto, actualmente en tramitación e cuxa aprobación está prevista para o primeiro trimestre do próximo ano, e coa posta en marcha das ferramentas tecnolóxicas necesarias para xestionar os créditos de carbono e aplicar as metodoloxías de cálculo que permitirán xerar os créditos correspondentes a cada proposta.
É o chamado Proxecto SICLE CO2, no que se investirán 6,8 millóns de euros ata o ano 2028, unha iniciativa que, como lembrou a conselleira, vai na mesma liña que os principais acordos adoptados no recente Cumio do Clima, a COP 29, celebrada na cidade de Bakú, en Acerbaixán.
Reunión con Cristina Lobillo
Entre os contactos que mantivo a conselleira en Bruxelas cómpre destacar a súa reunión con Cristina Lobillo, directora do Grupo de Traballo da Plataforma Enerxética da UE, dependente da Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea.
Durante o encontro analizaron a situación de parálise xudicial que afecta ao sector eólico en Galicia, un bloqueo que, tal e como explicou a conselleira, pon en risco o cumprimento dos obxectivos de descarbonización por parte da Comunidade e choca co interese público superior que teñen para a UE os proxectos de enerxías renovables ao considerar que a súa contribución será clave para a consecución da neutralidade climática.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.