
Este é, precisamente, "o piar fundamental da Consellería do Medio Rural, manter o territorio vivo", engadiu Gómez, quen estivo acompañada neste acto pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polos alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e de Curtis, Javier Caínzos, entre outras autoridades.
Por medio deste proxecto crearanse novas rutas, cunha visión claramente turística, nas que os visitantes poidan experimentar as diferentes etapas da produción do queixo e, ao mesmo tempo, coñecer o patrimonio da zona. Así, este proxecto permitirá potenciar a historia, promocionar os produtos e a actividade agroalimentaria da zona, xerar riqueza e emprego e mellorar os tecidos culturais, educativos e produtivos. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asume por completo o financiamento desta iniciativa, que ascende a máis de 60.000 euros.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.