Noticias

Memoria da Chaira enteira, lembrando a Manuel María no seu cabodano

Manuel María, o poeta da Terra Chá, morreu o 8 de setembro do ano 2024. Desde entón, cada ano, Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María, o 8 de setembro, celebran a "Memoria da Chaira Enteira", á que este ano corresponde a XX edición. O centro de celebración é a terra natal de O Manuel, Outeiro de Rei, e comezará ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra. Seguiralle (17,00 h.) un recital de poemas de Manuel María no simbólico lugar de As Penas de Rodas, tan querido polo autor de "Terra Chá", libro que conforma a infraestrutura cultural básica desta unidade xeográfica e humana que ocupa o centro da provincia de Lugo.

Ás 18,00, prego no cemiterio de Outeiro de Rei diante da tumba do poeta, con lectura de anacos da súa obra polos amigos e devotos presentes. Culminarán os actos ás 19,00, na Campa de Santa Sabela, coa entrega de "A navalla do Manuel".

As navallas de Manuel María

O Manuel tiña querencia polas navallas como símbolo utilitario de irmandade, usada para partir o pan na mesa familiar e de amizade. Xermolos e a Irmandade Manuel María crearon o premio "A navalla do ManuelÇ" que cada ano se entrega a unha persoa destacada no mundo da cultura, con vencello con Manuel María, e con vocación cultural e social. E tamén cada ano entrega unha medalla a título póstumo a unha persoa que durante a súa vida se distingueu na defensa dos mesmos valores.
"A navalla do Manuel" a un persoeiro da cultura, cos valores que defendía o Manuel, vaise entregar a Luís Fernández Guitián, músico, mestre e escritor, que ostenta a Alcaldía do concello de Sober (Lugo). E a entregada a título póstumo corresponde a María Xosé Neira Maseda, activista sociocultural.
Despois da entrega das navallas, partirase o pan e o queixo a compartir, que serán acompañados por viño da Ribeira Sacra.
Para anotarse ao xantar, hai que chamar ao tfno. 646413890.

R., 2024-08-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES