Noticias

Acordo de xubilación parcial do ensino concertado que beneficiará a uns 400 profesionais

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asinou hoxe coas organizacións empresariais e sindicais do ensino concertado o acordo de xubilación parcial dos docentes do ensino concertado. Esta medida, que comezará a aplicarse en setembro, estima que poderá beneficiar a uns 400 profesionais do ensino. Este acordo, aprobado a principios de mes no Consello da Xunta, foi asinado polas organizacións sindicais Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanzas (FSIE), Unión Sindical Obreira (USO), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO), así como polas patronais Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de Galicia (CECE Galicia), Escolas Católicas e Asociación de Centros de Ensino de Economía Social de Galicia (ACES-Galicia).

O Goberno galego financiará con 5M€ a posta en marcha das medidas que favorezan este proceso para aqueles profesionais que cumpran cos requisitos esixidos. Deste xeito, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP asumirá as retribucións e as cotizacións á Seguridade Social derivadas deste acordo ata a data na que as persoas xubiladas parcialmente acaden a idade legal para acceder á xubilación total. Con este acordo búscase "facilitar e establecer as condicións para o acceso á xubilación parcial do profesorado de centros docentes concertados de Galicia mediante a celebración simultánea de contratos de relevo", sinalou o representante de Educación.

Requisitos

Entre os requisitos a cumprir para acceder a esta xubilación parcial, o persoal docente debe estar vinculado por un contrato de traballo de duración indefinida e xornada completa, incluído no réxime de pago delegado cunha antigüidade mínima de seis anos no momento de iniciarse a xubilación parcial. Tamén se poderán beneficiar da medida as persoas cooperativistas que cumpran ditos requisitos. O período mínimo de duración da xubilación será de un ano e a redución da xornada laboral durante toda a xubilación parcial do profesorado estará comprendida entre un mínimo de 25% e un máximo do 50%.

No caso do profesorado contratado en substitución, establécese como un criterio preferencial que a persoa candidata estea incluída na bolsa de recolocación creada por un acordo asinado en xuño do ano pasado entre a Consellería de Educación e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado de Galicia co fin de incentivar a recolocación do profesorado.

R., 2024-08-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES