
O balance destaca a boa evolución dos módulos para a xestión de residuos (eResiduos) e inspeccións (eInspeccións).
A ferramenta integrada en GaiA segue a súa evolución para centralizar a información ambiental en materia de residuos das empresas e serve de axuda para xestionar esta información e cumprir coas obrigas de acordo coa normativa vixente.
Entre outras accións, a aplicación permite rexistrar notificacións previas e traslados de residuos; realizar de forma telemática as notificacións relativas a materiais perigosos; levar o arquivo cronolóxico esixido pola lexislacións, ou levar un rexistro de entradas e saídas de produtos e subprodutos.
A Plataforma GaiA concentra a información ambiental de Galicia nun portal web ao servizo da cidadanía, as Administracións e as empresas. Na actualidade, conta con máis de 4.700 persoas usuarias de empresas.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.