
Ata o de agora, a Consellería de Sanidade vacinou 1.420 persoas, das que 871 completaron a pauta con dúas doses. Neste sentido, comezouse a recaptar ás 549 persoas que contan só cunha dose para proceder á administración da segunda.
Sobre vacinación, a directora xeral requiriu información ao Ministerio sobre as vacinas dispoñibles e cando as recibirían as comunidades autónomas. Outra solicitude do Goberno galego á que accedeu o Ministerio é informar sobre a varíola do mono nos lugares onde se reciben viaxeiros, como é o caso dos aeroportos.
Outra das medidas que a Administración galega xa puxo en marcha é a intensificación da información a profesionais e á cidadanía. Os centros de vacinación internacional dos hospitais galegos, especialmente no caso de viaxeiros a zonas afectadas pola varíola do mono, farán unha avaliación do risco caso por caso segundo o tipo de viaxe para realizar as recomendacións oportunas sobre a enfermidade.
Ademais, a Xunta xa reforzou a capacidade diagnóstica para incluír a identificación de clados desta enfermidade nos casos confirmados co obxectivo de caracterizalos e detectar posibles cambios na dinámica do virus.
A Dirección Xeral de Saúde Pública transmite tranquilidade á cidadanía galega xa que na nosa comunidade só foron detectados seis casos de mpox no que levamos de ano.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.