
O 77% das noites hoteleiras corresponderon en xullo ao turismo de ámbito nacional, e obsérvase un importante incremento do internacional, que consolida catro anos consecutivos de crecemento da demanda en xullo, o que permite acadar un máximo histórico con máis de 290.000 noites hoteleiras.
Medra en Lugo e Ourense
A nivel territorial o comportamento da demanda hoteleira destacou nas provincias de Lugo e Ourense, con incrementos da súa demanda hoteleira nun 6% e nun 4% respectivamente.
Estas cifras repercutiron no incremento dos niveis de rendibilidade hoteleira en relación ao ano pasado, que sobe un 7,4%. Estímase que o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos totais nominais de case 58 millóns de euros no mes de xullo, cifra que se incrementa en relación ao dato do pasado ano nun 3,4%, superando tamén o valor previo á pandemia, de xullo de 2019, cando se facturaban case 43 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade. Isto supón que Galicia rexistra un máximo da serie histórica de ingresos hoteleiros no mes de xullo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.