Archivo (3 del 2022)

Buscador

Noticias

Alumnado das materias de Literatura e Arte e de Literatura Infantil e Dramatización que imparte a profesora Rocío G. Pedreira na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC dan vida á nova bitácora de literatura infantil ‘Petiscando libros’, un repositorio virtual a través do que se ofrece á sociedade unha cada vez maior relación de títulos, clasificados en función da temática que tratan.
Faleceu en Lugo Daniel Pérez Pereira (Danip), mestre e artista gráfico, que naceu en Lugo o 17 de abril de 1934, de familia con raices no concello de Baleira. Bacharelato e carreira de Maxisterio estudounos en Ourense, onde seu pai fora destinado. En Viana do Bolo coñeceu á súa muller, Rosita González Pérez, coa que levaba casado 59 anos. Vocacionalmente mestre, exerceu en diversos destinos, mesmo nos E.E.U.U., onde puido ensinar na Universidade, pero prefiriu o Maxisterio e Galicia para afincarse.
O 23 de marzo de 1882 Jules David Cavaz realizou as fotografías máis antigas que se conservan da USC. Xusto 140 anos despois, a presentación no Paraninfo do libro 'A Universidade retratada. Jules David-Cavaz en Galicia' (1882) serviu para conmemorar o aniversario deste material inédito que acaba de ver a luz grazas ao Arquivo Histórico Universitario (AHUS), xunto ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, así como a Alvarellos Editora.
Dixitalización, intelixencia artificial, automatización… a industria está xa a vivir unha nova revolución, a do 4.0, e as tecnoloxías emerxentes están a cambiar significativamente os procesos de fabricación. Para analizar este escenario este venres a UVigo acollerá un debate entre representantes da industria, a administración e a universidade no I Encontro Ágora.
Reiterando o seu 'compromiso ilusionado coa Universidade', deste xeito tomou posesión o profesor Antonio López do seu cargo como reitor da USC logo de ser reelixido recentemente. Coa vontade de seguir contribuíndo dende o goberno da institución a 'formar cidadás e cidadáns críticos, cultos e libres', Antonio López afondou nos retos de futuro logo de 'catro anos marcados sen dúbida pola COVID-19'.
A cultura atlántica, esencialmente marítima e mariñeira, é fornecedora dun patrimonio inmaterial moi importante. Recuperalo, protexelo e dinamizalo é o principal obxectivo do proxecto Atlantic CultureScape, unha iniciativa na que están implicadas seis rexións do arco atlántico: Galicia, Cantabria, Andalucía e Río Maior en Portugal así como zonas de Gales, Irlanda e Irlanda do Norte.
Como 'unha reflexión sobre cinco asentamentos humanos en diferentes épocas da historia da cultura' presenta o artista Juan Fernando de Laglesia a exposición que inaugura no Espazo Nemonon. 'Postbabel. Cidades Lámparas Animales' é o título dunha mostra na que reúne as súas interpretacións de cinco urbes: desde o deseño dunha cidade ideal de Leonardo da Vinci á proposta dunha 'cibercidade' do arquitecto ruso Igor Orlov.
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) cumpre 10 anos situándose na vangarda da ciencia no ámbito internacional. Para conmemorar o seu décimo Aniversario celebrará o I Simposio ‘Chemistry at the Frontier’ os días 30, 31 de marzo e 1 de abril, e terá como convidados a recoñecidos líderes mundiais en varios ámbitos da química, incluíndo ao premio Nobel de Química 2021 David MacMillan.
A USC e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMaga) participan no HUB MSO-ED da Plataforma Española de Tecnoloxías da Modelización, Simulación e Optimización nun Entorno Dixital (PET MSO-ED). Esta iniciativa funcionará como un mostrador de innovación que pon os equipos de investigación matemática máis punteiros de España a disposición da industria.
Presentouse o XV Congreso internacional sobre a infancia maltratada, organizado pola Federación de Asociaciones contra el maltrato infantil-End Child Prostitution (FAPMI-ECPAT España) e a Asociación contra o maltrato e o abuso infantil (Amino), que será entre o 5 e o 7 de maio en Santiago de Compostela. O evento contará con máis de 300 relatores e profesionais do ámbito da infancia.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (130)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES