Notas de prensa

'Petiscando libros', lecturas para o público miúdo coa análise e recomendacións dos futuros mestres

Alumnado das materias de Literatura e Arte e de Literatura Infantil e Dramatización que imparte a profesora Rocío G. Pedreira na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC dan vida á nova bitácora de literatura infantil ‘Petiscando libros’, un repositorio virtual a través do que se ofrece á sociedade unha cada vez maior relación de títulos, clasificados en función da temática que tratan.

Nesta plataforma os títulos están enriquecidos con críticas, resumos, recensións e mesmo con posibles actividades didácticas a desenvolver elaboradoras polos futuros mestres de Educación Infantil e Educación Primaria.

O nacemento deste aínda modesto blog, no que xa se contabilizan máis de 40 a títulos e que aspira a sumar máis de 120 ao remate do presente curso, é un dos froitos do club de lectura impulsado por Rocío G Pedreira entre o seu alumnado do grao de Mestre en Educación Infantil e do dobre grao de Mestre en Educación Infantil e Primaria, aos que de xeito periódico achega un amplo abano de obras para que, logo do pertinente proceso de escolla en función dos gustos e preferencias de cada quen, amplíen os seus coñecementos sobre a literatura infantil e o seu aproveitamento didáctico na aula.

O traballo de clase desenvolvido polos futuros mestres e mestras transcende a realidade da aula a través do blog Petiscando libros, unha web sinxela, segundo recoñece a Rocío G. Pedreira, que permite ao alumnado familiarizarse co manexo das tecnoloxías de edición dixital e, sobre todo, que posibilita compartir o traballo con todo o público interesado.

‘Petiscando libros’ é un guiño a prol da creación literaria, pero tamén un exercicio que permite facer visible as potencialidades da literatura como ferramenta pedagóxica e didáctica, tanto para os futuros mestres como para o estudantado máis cativo. “Certo é que a idea callou moi ben entre o alumnado”, recoñece Rocío G. Pedreira, ao tempo que comenta que, “aínda que é unha actividade bastante laboriosa, o resultado está a ser moi satisfactorio”.

Este blog, que abrangue distintos xéneros (cómic, álbums ilustrados...) e temáticas, na actualidade inclúe títulos como ‘Historia de un oso’, ‘El perro negro’, ‘Sirenas’, ‘La princesa No’, ‘Los tres cerditos aviadores’, ‘¿Cuándo se irán estos?, ¿Por qué lloramos?’, ‘Bonitas’, ‘Guapa’, ‘Mi miedo y yo’, ‘Tipos duros’, ‘Tengo una mamá y punto’, ‘Tu cuerpo es tuyo’..., constitúe unha proposta modesta, pero que está aberta á incorporación de novas seccións, temáticas e mesmo calquera tipo de contido relacionado, sinala Rocío G. Pedreira, quen ve en ‘Petiscando libros’, unha pasarela acaída para “transitar” por calquera tipo de obra.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES