
O acto celebrado este mércores e presidido polo reitor Antonio López, contou coa intervención da directora do AHUS, Désirée Mª Domínguez Pallas, e de Carlos Castelao, responsable da publicación.
Dende 1870, Jules David-Cavaz realizou fotografías de grupos, sobre todo en institucións educativas de varios países europeos, sendo a USC unha das universidades nas que detivo a súa ollada. Neste senso, Désirée Mª Domínguez Pallas quixo salientar como a publicación deste volume permite poñer en valor os fondos do arquivo xa que parte do material atopábase no propio AHUS e complementa un excelente traballo de investigación de Carlos Castelao. Así, a responsable do AHUS explicou como a elaboración da obra conforma un achado inesperado ademais dun exemplo de colaboración entre o público e o privado, en referencia ao traballo conxunto da USC e de Alvarellos.
O fotohistoriador Carlos Castelao levou a cabo un rigoroso estudo dos fotografados, da propia Universidade en 1882, e do moi descoñecido autor das imaxes. Este volume publica máis de 150 fotografías daqueles días de 1882, a maior parte delas, descoñecidas. Na sesión, tamén estiveron presentes Juan Blanco, responsable do Servizo de Publicacións da USC, e Enrique Alvarellos de Alvarellos Editora.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.