Archivo (8 del 2024)

Buscador

Noticias

O catro de setembro ás 19,00 h., inaugúrase na Casa da Galería da Praza Maior de Castro de Rei, a exposición OS NOTABEIS, “Serigrafía medio salvaxe”, de Jorge Carla, Antonio Asensi e Israel Dawood, que reflicte a volta de personaxes dun Castro de Rei do século pasado. Dirixida por Bernardo Tejeda, está organizada pola Fundación Margarita Ledo Andión, coa colaboración da Rede Museística Lucense da Deputación Provincial de Lugo.
A serie galego-portuguesa Lume atópase xa na recta final da súa rodaxe, que se vén levando a cabo en diferentes localizacións das dúas beiras do Miño. O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o equipo durante a gravación no concello pontevedrés de Cuntis dalgunhas das últimas escenas deste thriller, para o que a produtora galega Setemedia dispón dunha subvención de máis de 240.000 euros por parte da Xunta de Galicia.
A Xunta activa a prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Lérez, na provincia de Pontevedra. Así o acordou a Oficina Técnica da Seca, que estivo presidida polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e que contou coa participación tanto de técnicos do organismo hidráulico autonómico como de representantes de Protección Civil, MeteoGalicia e as Consellerías de Sanidade e Medio Rural.
O D.O.G. ven de publicar a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: dietista-nutricionista, facultativo especialista de área de medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social. .
Vanse celebrar en Lugo as Xornadas anuais da Asociación Española de Profesores de Liturgia, que este ano se celebran no Seminario Diocesano da cidade. Do 27 ao 29 de agosto, uns 50 liturxistas de toda España se reúnen no Seminario de Lugo para celebrar as súas xornadas anuais, que este ano teñen como tema principal a exhortación apostólica Desiderio desideravi, que trata sobre a formación litúrxica.
A Fundación ADCOR, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a vida das persoas adultas en situación de dependencia, empezou unha colaboración de aprendizaxe e servizo a través do novo proxecto “tuTIC: Tecnoloxía, Inclusión e Creatividade”, que conta co apoio do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC (CITIC).
A clasificación elaborada en 2024 polo Ránking de Shanghai, coloca a USC no intervalo 501-600 das mellores universidades a nivel mundial. A posición acadada nesta edición supón un ascenso con respecto ao ano pasado, cando a institución se situaba no chanzo 601-700. En 2024, a USC conseguem o seu máximo histórico nun dos parámetros que analizan os resultados da investigación, o número de artigos publicados en Nature e Science.
A educación é un dos sectores clave na revolución tecnolóxica asociada á IA. Neste sentido, o Centro de Investigación TIC da UDC está creando novas iniciativas educativas e na colaboración internacional para desenvolver currículos avanzados en IA. Francisco Bellas, profesor de programación, robótica autónoma e aprendizaxe automática en diversos graos e máster da UDC, é ademais membro do comité de expertos en educación sobre IA da Xunta.
A plataforma Neofalantes.gal continuará entre 2024 e 2026 o programa de actuacións para poñer en valor a lingua galega entre as persoas que comezan a falala a través deste proxecto da USC. O portal conta con seccións sobre o mundo neofalante, actualidade da lingua galega, investigacións lingüísticas, polémicas en redes relacionadas co galego ou vídeos.
« Anterior | 1  de  1 | Siguiente »

Archivo

2024 (260)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES