
Este proxecto, liderado polas investigadoras Paula Castro e Adriana Dapena, ten como obxectivo desenvolver actividades adaptadas ás capacidades das persoas usuarias de ADCOR, promovendo a creatividade e a inclusión no ámbito tecnolóxico.
Este esforzo colaborativo enmárcase nunha serie de iniciativas que as investigadoras lideraron desde 2019, destacando o seu compromiso coa inclusión social mediante a tecnoloxía. tuTIC involucra a estudantes do Grao en Enxeñería Informática da Universidade da Coruña, que desenvolveron proxectos personalizados para persoas usuarias da entidade. Os resultados destes traballos foron presentados nun taller realizado en xullo na sede da Fundación ADCOR, demostrando o impacto positivo da tecnoloxía na mellora da calidade de vida destes colectivos. No taller, un grupo de usuarios de ADCOR tocaron melodías nun piano dixital e gozaron dun xogo interactivo baseado en A Lenda de Zelda: Ocarina do Tempo.
Este novo proxecto segue o ronsel do galardoado Tecnoloxía e Sociedade, que foi recoñecido polo seu enfoque innovador na creación de aulas inclusivas mediante proxectos de ciencia e tecnoloxía. Ademais, as investigadoras do CITIC participaron activamente en eventos como o Día da Ciencia na Rúa da Coruña e Cullerciencia en Culleredo, reafirmando o seu compromiso coa divulgación científica e a inclusión.
Coa incorporación da Fundación ADCOR a esta rede de colaboración, refórzase a misión do CITIC de utilizar a tecnoloxía como ferramenta clave para a inclusión e o benestar social.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.