
Ademais, a Universidade de Santiago de Compostela tamén ve incrementada a súa puntuación no indicador HiCi, un parámetro que fai referencia ao número de artigos indexados no Science Citation Index-Expanded e no Social Science Citation Index ao longo do ano pasado; así como no parámetro relativo ao rendemento académico per cápita. A USC tamén destaca no apartado relativo ao número de persoal investigador altamente citado na base de datos Web of Science, propiedade de Clarivate Analytics.
Esta clasificación avalía máis de 2.500 universidades segundo diferentes indicadores de rendemento no eido da investigación, tales como o recoñecemento acadado polo persoal investigador e o estudantado egresado nos Premios Nobel e as Medallas Field ou as publicacións recollidas en Nature ou Science. Tamén considera o persoal investigador altamente citado na Web of Science, os artigos indexados no Science Citation Index-Expanded e no Social Science Citation Index, e o rendemento per cápita das universidades en función da dimensión do seu persoal académico.
Clasificación por materias
O Ránking de Shanghai por materias destacou tamén a USC, na súa última edición publicada en outubro de 2023, nun total de trece eidos temáticos que abranguen as cinco áreas de coñecemento. Esta clasificación está integrada por un total de 1.900 institucións académicas de entre as 5.000 analizadas procedentes de máis dun cento de países e rexións de todo o mundo. A listaxe aborda un total de 55 materias.
Así, no ámbito de Ciencias Naturais, a Universidade de Santiago de Compostela destaca en Matemáticas (chanzo 301-400), Física (intervalo 201-300) e Química (301-400). En Enxeñaría, o Ránking de Shanghai salienta a USC en Enxeñaría e Ciencias Medioambientais (301-400), Biotecnoloxía (301-400) e Ciencias da Alimentación e Tecnoloxía (151-200).
Bioloxía (401-500), Veterinaria (101-150) e Ciencias Agrícolas (201-300) son as materias destacadas da USC no ámbito de Ciencias da Vida; mentres que Odontoloxía (101-150) e Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (151-200) salientan en Ciencias Médicas. Finalmente, en Ciencias Sociais a USC sobresae en Ciencias Políticas (201-300) e Psicoloxía (401-500).
A clasificación elabórase en base a diversos indicadores entre os que se inclúe a transferencia de resultados de investigación, a calidade e o influxo da investigación realizada, así como as colaboracións internacionais e os premios académicos tamén de dimensión internacional. Este último indicador indéxase en base a unha sondaxe de excelencia académica que se realiza dende o ano 2017. Ata abril de 2023, participaron na sondaxe 1.447 docentes de 122 universidades pertencentes a 21 países ou rexións.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.