Buscador
Noticias
Despois da estancia en Portugal co gallo do Festival da Plataforma Transfronteiriza do Teatro Amador, retomamos as actividades da XVII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón' con novas forzas. O venres, día primeiro de novembro chega o grupo Disfunción Continua da Estrada (Pontevedra) coa comedia ENTRAÑAS NEGRAS para que botemos unhas risas coa historia de tres irmáns, Isaura, Hortensia e Aurora, que están a velar o cadáver do defunto marido de Isaura no pazo familiar, onde semella que os reloxos quedaron parados noutro tempo.
A Intelixencia Artificial é o presente, non o futuro. Así o consideran os numerosos expertos que participaron onte na xornada organizada pola Cátedra Fundación Inade UDC na Coruña. Este evento, que tiña como obxectivo presentar a obra Os riscos xerados pola Intelixencia Artificial e os posibles mecanismos para a súa mutualización, converteuse no escenario perfecto para que diferentes especialistas na materia compartisen a súa visión sobre os inminentes perigos desta nova tecnoloxía.
Un total de 105 persoas docentes e investigadoras no ámbito das Humanidades, das Ciencias Sociais e da Medicina conforman de inicio o Instituto de Humanidades da USC (iHUS), o primeiro instituto de investigación en Humanidades do Sistema Universitario de Galicia, que se crea para dar resposta a unha masa crítica investigadora e dentro dunha política científica de artellar o esforzo investigador en grandes unidades máis competitivas.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense acolle este luns e martes a celebración do 2º Simposio Iberoamericano de Blockchain e Ciberseguridade, centrado nas Experiencias de aplicación e transferencia de blockchain e ciberseguridade na industria. O evento reúne a alumnado, profesorado, persoal investigador e profesionais de diferentes sectores.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña finalizou este venres a Semana de Proxectos Internacionais (WIPO Week). Trátase dunha iniciativa que reuniu a 19 participantes procedentes de 8 países europeos, representando unha ampla diversidade de sectores, que participaron nunha serie de actividades para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos en proxectos internacionais de investigación.
Contribuír ao benestar físico e psicolóxico das e dos menores que se enfrontan a un tratamento oncolóxico. Ese é o obxectivo da liña de traballo que desenvolven investigadores do grupo HealthyFit da Universidade de Vigo, e do grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, xunto o Servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Vigo.
O son en todas as súas posibles representacións: o son que se escoita, o son que se mira, se presenta, se intúe e se lembra. O son como material e o son como significante. Este o eixo central e vertebrador da exposición Ollo á orella, 8 obras sonoras e unha partitura colectiva, que recolle creacións de dez artistas que teñen en común o seu paso pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A exposición, que se pode visitar a partir do venres na Fundación Laxeiro, está comisariada polo profesor Ignacio Barcia
'Bravú XXX', documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario dese movemento musical, poderá verse no vindeiro mes de novembro en 25 pequenos e medianos concellos da Coruña, co apoio da Deputación. O filme incluído na programación do ciclo Outono das Artes, que organiza o departamento provincial de Cultura, chegará a auditorios, edificios de usos múltiples, casas de cultura, bibliotecas, centros sociais, culturais e de ensino.
O tambor, a guitarra, o piano, a frauta... son algúns dos instrumentos musicais que soan na orquestra dos Bolechas. Despois da súa estrea en Boiro, a nova xira de teatro 'Os Bolechas tocan nunha grande orquestra' chega aos teatros de toda Galicia para ofrecer un gran concerto ás nenas e nenos e transmitirlles a importancia da colaboración e a creatividade.
O profesor da Facultade de Filoloxía Joel Varela Rodríguez acaba de publicar en USC Editora o volume Más allá del Códice Calixtino. Otros textos en torno a Santiago el Mayor hasta el siglo XII, no que se recollen catro textos xacobeos inéditos anteriores á famosa guía medieval para as peregrinacións a Compostela. No libro recóllense ademais textos ou fragmentos de textos xa coñecidos e moi relevantes para o coñecemento do culto xacobeo, dende as súas orixes máis antigas ata o ano 1200, algúns deles revisados.