A cita está organizada pola Red Iberoamericana de Blockchain y Ciberseguridad (Ribci), vinculada ao Programa Iberoamericano de Ciencia y Tecnología para el Desarrollo (Cytec), que está formada por 26 grupos de once países, entre eles un equipo da Universidade de Vigo encabezado por Manuel Pérez Cota desde a ESEI. Concretamente, os obxectivos do simposio son crear un espazo para o intercambio de ideas e coñecementos entre especialistas e participantes e promover o diálogo intersectorial sobre o impacto e as aplicacións da tecnoloxía blockchain, tecnoloxía baseada nunha cadea de bloques de operacións descentralizada e pública. Tamén quere abordar os desafíos actuais en ciberseguridade e análise forense dixital e explorar as oportunidades de colaboración entre a academia, a industria e os formuladores de políticas.
O 2º Simposio Iberoamericano de Blockchain e Ciberseguridade quere, tal e como indican desde a súa organización, contribuír á industrialización inclusiva e sostible e á ciberseguridade, dentro de marcos normativos sólidos e equitativos, para o fortalecemento do capital humano e a transferencia aos sectores produtivos estratéxicos e de goberno nos países de Iberoamérica. Así, detallan como exemplo da pertinencia da celebración desta cita, aínda que no ámbito académico hai diversas investigacións sobre a aplicación de blockchain e ciberseguridade en diferentes sectores, cando se trata da xustiza e da cadea de valor dos agroalimentos, atópanse algúns estudos pero que se manteñen no plano de análise e exploración, sen chegar á implementación dunha aplicación a grande escala.
Do mito á realidade
O evento desenvólvese nun formato híbrido, ofrecendo a posibilidade de asistencia tanto presencial como en liña. Foi inaugurado por Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do Campus Ourense; Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense; Arno Formella, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática; Manuel Pérez Cota, catedrático en Linguaxes e Sistemas Informáticos da UVigo e presidente do simposio; Óscar Carlos Medina, presidente de Ribci, e Rafael Mayo, de Cytec. A conferencia plenaria correu a cargo de Jorge Pereira, presidente de Infosistema, que abordou a pregunta de se a ciberseguridade e o blockchain é un mito o unha realidade para as organizacións ibéricas.
Entre as 15 conferencias do simposio hai presentacións participadas xunto a outras entidades por persoal investigador da Universidade de Vigo, como unha proposta de incorporación da ciberseguridade na escola utilizando a intelixencia artificial e blockchain ou un estudo de caso aplicado á Red Iberoamericana de Blockchain y Ciberseguridad de transformación dixital no sector agroalimentario. Na xornada de arranque tamén se abordaron temas como a percepción dos contables sobre o uso destas tecnoloxías; o proxecto CyberSecIP ou a aplicación na trazabilidade sostible de alimentos ou en experiencias na Universidad Católica de Salta.
A actividade continuará o martes con, ademais de visitas institucionais, conferencias sobre temas como a xestión de riscos de ciberseguridade na industria; as tecnoloxías de rexistro distribuído; o blockchain e ciberseguridade en sistemas distribuídos e descentralizados; o rexistro seguro de evidencia dixital con esta tecnoloxía; as sinerxías entre a intelixencia humana e a artificial; os desafíos da inclusión financeira en zonas rurais de El Salvador mediante esta tecnoloxía ou as contribucións neste eido do ámbito militar.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).