Notas de prensa

Conclúe a Semana de Proxectos Internacionais da UDC, dirixida a localizar novas oportunidades de transferencia en Europa

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña finalizou este venres a “Semana de Proxectos Internacionais (WIPO Week)”. Trátase dunha iniciativa que reuniu a 19 participantes procedentes de 8 países europeos, representando unha ampla diversidade de sectores, que participaron nunha serie de actividades para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos en proxectos internacionais de investigación.

As persoas participantes, procedentes de centros de investigación, universidades, fundacións, empresas tecnolóxicas, spin-offs e consultoras especializadas, traballaron conxuntamente na identificación de sinerxías e oportunidades de cooperación en proxectos europeos ao longo dos últimos cinco días.

A semana comezou cunha serie de presentacións individuais e unha visita ás instalacións do CITIC, seguida de actividades colaborativas en contornas informais como o "walk and talk" na cidade da Coruña, fomentando a creación de vínculos entre os participantes, ou un taller de análise de sinerxías e identificación de oportunidades mediante a metodoloxía innovadora de "Lego Serious Play", onde as persoas asistentes exploraron novas formas de cooperación interdisciplinaria. Así mesmo, tiveron a oportunidade de coñecer outros centros de investigación da Universidade da Coruña como o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), do Campus Industrial de Ferrol, ou Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), no Campus da Coruña.

A Semana de Proxectos Internacionais contou ademais cun “Info Day” centrado na participación nas convocatorias de 2025 do programa Horizon Europe. Esta xornada, organizada polo CITIC en colaboración coa Oficina de Captación de Persoal Investigador (OCPI) da UDC e da Fundación CITIC, tivo lugar este xoves 24 e incluíu talleres e charlas impartidas por unha persoa experta en proxectos europeos. Durante a sesión repasáronse as principais agrupacións industriais do Pilar II de Horizonte Europa, abarcando áreas clave talles como a saúde, a seguridade civil, o clima ou a enerxía.

A Semana de Proxectos Internacionais reflicte o compromiso do CITIC e de toda a Universidade da Coruña coa transferencia de coñecemento e a colaboración científica de alto impacto a nivel global, proporcionando un espazo único para que persoal investigador, xestor e empresas compartan experiencias, establezan contactos e desenvolvan proxectos conxuntos no marco de Horizon Europe e outras iniciativas internacionais.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES