
Filomena, a fiel criada, parece o seu único contacto co exterior. Nunha noite de treboada no mes de agosto, o sobrenatural e o real mestúranse na escena intentado confundir ao espectador, poñendo ao descuberto os segredos do pasada do pazo, que máis pronto ou máis tarde era inevitable que saíran á luz. A obra ten unha duración de 85 minutos e está dirixida a tódolos públicos.
Ao día seguinte, o sábado 2, serán os actores do grupo Ateco da Coruña os que se responsabilizan de representar a comedia REFACHO explicándonos as voltas e revoltas que pode ocasionar a fortuna de alguén que marchou deste mundo sen herdeiros lexítimos. Unha muller excéntrica e aventureira que viviu como quixo, deixando unha colección inútil que ninguén quere. Os pequenos e, nalgún caso, miserables conflitos dos achegados que se creen con dereito a herdar. E sempre o espírito da falecida (Benilde) e a súa colección presente mediante golpes de vento que penetran e saen entre escenas.
Ten unha duración de 70 minutas estando dirixida a un publico a partir de doce anos.
Coma sempre, as representacións serán ás oito da tarde no Auditorio Manuel María do Carballiño.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.