Archivo (4 del 2025)

Buscador

Noticias

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
A Oficina Española de Patentes e Marcas concedeu ás universidades de Vigo e León a patente dun sistema de avaliación do equilibrio dinámico e do risco de caídas durante a marcha. Esta innovación é froito das investigacións desenvolvidas por José Luis García Soidán e Vicente Romo, do grupo de investigación Hi10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, xunto con Raquel Leirós e José Alberto Benítez, da Universidad de León.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
Un estudo do CiTUS da USC publicado na revista científica NPJ Digital Medicine do grupo Nature analiza o grao de veracidade das respostas que se obteñen na internet ante dúbidas relacionadas coa saúde, a través de buscadores ou ferramentas de Intelixencia Artificial. O CiTIUS seleccionou unha mostra de buscadores web e modelos de IA para analizar o comportamento destes sistemas ante as consultas médicas realizadas polo público xeral.
Colleitar datos sobre o clima, a temperatura, a humidade e a biodiversidade da selva amazónica e da sabana brasileira, o Cerrado, achegando información crucial para a xestión e conservación destes ecosistemas é a finalidade da misión Perceive, un proxecto no que participan o Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo, atlanTTic, e Brasilia, liderada polo investigador do Grupo de Satélites Renato Borges, e a empresa Alén Space.
O Espazo de Intervención Cultural da UDC, NORMAL, inaugura o xoves a exposición SOBRE TODO, da artista Enar de Dios Rodríguez, que poderá visitarse ata o 10 de xullo. SOBRE TODO é un proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre como este está a se converter nun territorio suxeito a ocupación, lexislación e explotación.
Unha mostra expositiva e a plantación dun érbedo no xardín de Fonseca escenificarán este meso 'ingreso simbólico, con honores' de Rosalía de Castro no claustro da USC, nunha iniciativa da cátedra homónima dedicada á autora galega e 'mestra literaria'. Estas propostas exploran as inquedanzas da escritora e a súa 'participación das ideas xeradas dende a Universidade, incluídas as científicas e, máis especificamente, as botánicas', explica a profesora María do Cebreiro Rábade Villar.
Con toda as prazas cubertas e mesmo con lista de agarda para futuras edicións, o vindeiro venres a High Tech Auto da Zona Franca de Vigo acollerá unha iniciativa pioneira para achegar a innovación e a tecnoloxía ás persoas con discapacidade intelectual, un curso especializado no sector da automoción impulsado pola UVigo, a empresa Kidcode, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación Adecco.
A UDC celebra, entre o 9 de abril e o 14 de maio, a 30ª edición do seu Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC), unha cita consolidada no panorama cultural universitario que converterá, un ano máis, os espazos escénicos da cidade da Coruña nun punto de encontro para compañías universitarias de teatro e danza. O Teatro Rosalía, o Centro Ágora e o Fórum Metropolitano serán os espazos escollidos nos que se desenvolverá a programación.
Profesionais da xestión forestal e da prevención e extinción de incendios, representantes da industria e investigadores e investigadoras reúnense nestes días na Semana Forestal 2025, un programa de actividades deseñado polo alumnado co obxectivo de promover un diálogo sobre “o presente e o futuro do sector”, como sinalan desde a organización.
« Anterior | 1  de  2 | Siguiente »

Archivo

2025 (113)

2024 (365)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES