
Ademais da profesora Arbor, este traballo foi levado a cabo polos docentes da UDC e investigadores do Grupo ILLA (Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega) Manuel Ferreiro Fernández e Leticia Eirín García, así como por Bieito Arias Freixedo, da Universidade de Vigo. A obra é froito dun intenso labor de investigación filolóxica iniciado en 2010, que ten por obxectivo fixar un texto crítico das 1680 cantigas galego-portuguesas que se conservan na actualidade. O financiamento ministerial dos sucesivos proxectos permitiu a creación dunha plataforma dixital de acceso libre na que se pode consultar a edición completa de cada composición.
O volume impreso que se presenta este xoves 24 recolle as 704 cantigas de amor, acompañadas dunha paráfrase en galego actual, referencias ás fontes manuscritas e ás edicións previas existentes, así como un código QR que liga cada poema á súa edición completa da páxina web da iniciativa.
Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor conta co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e marca o inicio dunha serie que agrupa as cantigas segundo os seus xéneros poéticos. Este mesmo ano está prevista a publicación do segundo volume, dedicado ás cantigas de amigo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.