
Coordinada pola estudante Carme Giráldez Salgado, a edición deste ano parte da idea de homenaxear as cantareiras e pandeireteiras, sumando diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou a tradición, que se está a facer e que outros camiños se abren arredor da súa xestión. Carlos Callón, Mª Concepción Fernández López, Xabi Iglesias, Patricia Cupeiro, Aitana Cuétara, Branca Villares, Antonio Reigosa e Alba Díaz Geada serán as voces que reflexionen arredor da tradición dende diversas perspectivas e formatos. A partir das 19.30, o Curso trasládase á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) onde se desenvolve o obradoiro de Ruth Pérez Entrando no baile.
O Curso de Primavera contará cunha segunda sesión o 26 de abril na Casa do Saber cunha mesa redonda moderada polo profesor Isidoro Rodríguez Pérez, ás 12.00 horas, e na que se abordará o asociacionismo arredor da música e do baile tradicionais na cidade de Lugo. Intervirán José Angel Vilabrille Rodríguez de Cántigas e Frores, Fidel Reigosa Cotelo da Volta do Agro, Javier Pajón Fernández de Airiños de Orbazai e Xaneco Tubío da Asociación de Gaiteiras Galegas. A seguir, desenvolverase o paseo sonoro Habitar a tradición. O concerto foro con Bouba, que terá lugar no local Ho! Gruf, pechará o programa baixo o lema Á volta dun vermú (Termando dos Marcos).
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.