
Precisamente a ESADg, será a encargada de subir o pano da Miteu coa representación este mércores de Medea, unha e todas, unha revisión contemporánea e combativa do mito clásico, no que Medea deixa de ser só un personaxe para converterse nun símbolo colectivo. Coa dirección de dramaturxia de Noelia Nuño e a posta en escena a cargo de Lucía Costas, Lucía Fernández e Juan Diego Comesaña, a peza, a partir de textos de Eurípides, Séneca e Manuel Lourenzo, cuestiona con forza as estruturas de poder que historicamente someteron ás mulleres, ás estranxeiras e a todas as que non encaixan.
Ao día seguinte, xoves 24 de abril, a Aula de teatro do campus de Pontevedra porá en escena Saxo Tenor de Roberto Vidal Bolaño. Coa dirección de Salvador del Río, a obra comeza cun mozo falecido por morte violenta, aínda que realmente a obra arranca dous anos despois, cando alguén, supostamente xornalista, intenta aclarar a verdade.
Violencia, sexualidade e marxinalidade para rematar
Logo dun parón dunha semana, a Miteu regresará o mércores 7 de maio coa representación de Ludovico 2.5, unha dramaturxia de Fernando Dacosta, a cargo da Aula de teatro de Ourense. Dacosta, que tamén dirixe esta produción, inspirada libremente en A laranxa mecánica de Anthony Burguess, ofrece ao público unha sátira social e unha proposta ao redor da violencia. Como mesturar sociopatía con ironía, psicopatía con humor negro, reflexión con diversión ou punk con Beethoven. Ao día seguinte, o 8 de maio, a artista mexicana Carla Novi dirixe e interpreta Luchadoras, unha obra da súa autoría que reflexiona ata onde estamos dispostos a chegar na nosa loita por conseguir o que queremos. Un drama social protagonizado por Mara, unha loitadora mexicana que durante anos non puido avanzar na súa profesión ao non cumprir coas regras sexualizadas da loita feminina.
E a mostra chegará ao seu fin o 15 de maio coa representación de Divinas Palabras. Tragicomedia de aldea de Ramón María del Valle-Inclán a cargo da Aula de teatro do campus de Vigo. Baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, unha ducia de actrices e actores darán vida ao drama protagonizado por seres marxinais e no que a acción xira arredor da familia dos Gailos.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.