Notas de prensa

O Servizo Galego de Saúde publica as listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

O D.O.G. ven de publicar a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: dietista-nutricionista, facultativo especialista de área de medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social. .

O total de aspirantes admitidos por categorías foron: 277 dietista-nutricionista, 21 facultativo especialista de área de medicina do traballo, 181 facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 854 farmacéutico de atención primaria, 1755 fisioterapeuta, 289 logopeda, 405 odontólogo de atención primaria, 486 terapeuta ocupacional e 1330 traballador social.

No proceso xeráronse un total de 5.736 inscricións e resultaron admitidos 5.598 aspirantes. O número de novas inscricións admitidas en relación ao pasado ciclo é de 43 en dietista-nutricionista, en médico especialista de área de medicina do traballo as persoas aspirantes son as mesmas que no ciclo anterior, 10 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 123 en farmacéutico de atención primaria, 120 en fisioterapeuta; 25 en logopeda, 33 en odontólogo de atención primaria, 35 en terapeuta ocupacional e 84 en traballador social.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 28 de agosto de 2024.

Próximas publicacións:

Proximamente publicaranse as listas definitivas das seguintes categorías: albanel, bibliotecario, calefactor, carpinteiro, condutor, costureiro, electricista, enxeñeiro superior biomédico, enxeñeiro técnico, fontaneiro, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, perruqueiro, técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior en ciencias da información, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista

Sergas, 2024-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES