Notas de prensa

A serie galego-portuguesa 'Lume' entra na recta final da súa rodaxe

A serie galego-portuguesa Lume atópase xa na recta final da súa rodaxe, que se vén levando a cabo en diferentes localizacións das dúas beiras do Miño. O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o equipo durante a gravación no concello pontevedrés de Cuntis dalgunhas das últimas escenas deste thriller, para o que a produtora galega Setemedia dispón dunha subvención de máis de 240.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

Esta contía está xa consignada na resolución de concesión provisional da convocatoria de axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos correspondente a 2024, cuxa adxudicación definitiva será publicada a vindeira semana. Setemedia atópase na listaxe de empresas galegas beneficiarias con este proxecto de coprodución xunto á compañía portuguesa Coral Europa, para o que contan tamén coa participación da TVG, RPT e a plataforma Max.

Creada por Irene Pin, que asina o guión xunto a Sara Rodi, Lume desenvolverá durante seis episodios a historia dunha investigación xornalística sobre incendios forestais, protagonizada por Cristina Castaño e o actor portugués Albano Jerónimo. Os directores Giselle Llanio e Sergio Graciano encabezan o equipo artístico e técnico de ambos os países, no que figuran así mesmo outras coñecidas caras do audiovisual galego como Isabel Naveira, Grial Montes ou Xulio Abonjo.

Localizacións galegas

Ademais de Cuntis, os concellos da Estrada, Rois e Dodro acolleron tamén outras das localizacións desta rodaxe, que se leva a cabo de xeito simultáneo entre Galicia e Portugal.

Recentemente, Lume foi tamén seleccionada polo Consello Europeo como o único proxecto español dos nove apoiados na segunda convocatoria da nova liña para coprodución de series do fondo Eurimages. A súa estrea está prevista para 2025 e contará con distribución internacional nos principais mercados europeos.

Xunta de Galicia, 2024-08-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES