
Así o indicou na presentación este mércores 31 de xullo, do convenio que o fará posible, o reitor da USC, Antonio López, xunto co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude José López Campos, nun acto ao que asistiron tamén o profesor do grupo Novos Medios Xurxo Salgado e o secretario xeral da Lingua, Valentín García.
Este convenio permitirá seguir actualizando a web social centrada nos neofalantes para facer do idioma un vehículo de uso económico co mundo lusófono e abrir novos campos para a investigación, o ámbito multimedia e a didáctica sobre o neofalantismo. Nela amósanse as traxectorias vitais, as expectativas e as demandas individuais e sociais das persoas neofalantes, e tamén serve para animar novas persoas que comezaron a falar en galego acotío.
O reitor salientou que Neofalantes.gal serve como plataforma para persoas que empregan outra lingua e que empezan a usar o galego para integrarse máis na nosa cultura. Pola súa banda, o conselleiro subliñou que as persoas neofalantes poden ser prescritoras para que a xente poida achegarse á lingua galega, e nese sentido a web é unha ventá aberta para achegarse e coñecer mellor a nosa lingua.
O fomento desta canle baséase na importancia actual da comunicación e das redes sociais como Instagram, Facebook ou Whatsapp á hora de interactuar na sociedade, pois facilitan o contacto entre neofalantes de todo o mundo e axudan a fomentar o uso da lingua galega e a xerar negocio arredor desta.
Na actualidade, o portal conta con varias seccións sobre o mundo neofalante, sobre actualidade da lingua galega, investigacións lingüísticas, polémicas en redes relacionadas co galego, unha sección de vídeos e, finalmente, unha de opinión, así como as dedicadas a grupos e persoas inscritas.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.