
Dirixiu cursos universitarios en Madrid, pero seguiu sendo mestre ata a súa xubilación. A familia residiu na Coruña os últimos corenta anos, con frecuentes viaxes a Lugo, que sempre foi a súa máis querida cidade.
Magnífico debuxante, colaborou durante moitos anos nas páxinas de El Progreso con debuxos cargados de lucensismo e de humor.

Nun xantar celebrado no Hotel Finisterre de A Coruña en 2009, a Cofradía do Capón de Vilalba fíxolle entrega da banda de Cofrade Maior da entidade.
Nas numerosas sesións de "revista oral" que a Asociación de Amigos da Muralla de Lugo celebrou na capital lucense para divulgar temas relacionados co noso primeiro monumento, sempre Danip participou diante do público facendo magnificos debuxos relacionados coa muralla, sempre co contrapunto humorístico para completar a mensaxe do debuxo.
Con motivo do seu pasamento a Asociación de Amigos da Muralla ven de concederlle a Danip, a título póstumo, o título de "Admirador da Muralla", máxima distinción desta entidade. Este título seralle entregado á familia, en data que oportunamente se comunicará, por parte do Presidente da Asociación, o xornalista Alfredo Sánchez Carro e o Secretario, o avogado Diego Bellón Romay.
A despedida a Daniel Pérez Pereira-Danip, efectuose na intimidade familiar.
Acompáñase fotografía da imposición da banda de Cofrade Maior da Cofradía do Capón de Vilalba, e da viñeta publicada por Danip en 1983, con motivo das festas de San Froilán.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.