Archivo (3 del 2022)

Buscador

Noticias

O Instituto Universitario de Estudos Europeos 'Salvador de Madariaga' da Universidade da Coruña organiza este venres, 18 de marzo, no salón de graos da Facultade de Dereito o foro aberto 'A fraternidade europea ante a invasión de Ucraína: unha mirada desde as sociedades europeas', coa participación de persoal docente e investigador e alumnado de nove nacionalidades.
A investigación de doutoramento 'Aplicación de técnicas xeomáticas na Smart Farming: Monitorización de cultivos, determinación de biomasa e detección de enfermidades', desenvolvida polo enxeñeiro vilalbés Izar Sinde González na Escola Politécnica Superior de Enxeñaería do Campus Terra da USC baixo a dirección da profesora Mariluz Gil Docampo, constata as múltiples aplicacións dos sensores de vehículos aéreos non tripulados en distintos procesos de desenvolvemento de áreas rurais en rexións aínda en fase de crecemento e modernización.
Entre 2007 e 2020 Xosé Luis Méndez Ferrín publicou cada sábado un artigo na sección No Fondo dos Espellos de Faro de Vigo. Esta produción literaria esparexida no tempo reúnese nunha colección editada pola Universidade de Vigo. Tras un primeiro volume que compilaba os textos do período 2015-2020, sae un novo libro cos publicados dende 2007 a 2010.
A plataforma de entretemento Netflix dá un paso máis para impulsar a presenza da lingua galega no seu servizo mediante o subtitulado dunha selección de series e películas internacionais e a dobraxe de varios títulos infantís e familiares. Os subscritores que Netflix mantén en ata 190 países de todo o mundo poderán gozar dun conxunto de series e películas en lingua galega, entre as que destacan títulos como Emily en París e próximas estreas como The Mother, Garra ou Sandman.
Uns 50 millóns de persoas no mundo, segundo a OMS, e unhas 350.000 en España, padecen epilepsia, un trastorno do cerebro causado por un funcionamento anormal esporádico dun grupo de neuronas. En España cada ano se diagnostican máis de 20.000 novos casos, o que converte á epilepsia no segundo motivo de consulta ambulatoria neurolóxica.
Entre os anos 2006 e 2019, máis dunha trintena de premios Nobel aterraron na USC grazas ao programa ConCiencia que a institución compostelá desenvolve de xeito conxunto co Consorcio de Santiago. Coa vontade de poñer en valor estes fitos e de fortalecer a súa dimensión divulgativa, a Universidade acaba de lanzar un novo espazo público que recolle as visitas que estas 33 personalidades realizaron a Santiago de Compostela.
Chegou a Vigo a exposición Vieiros na memoria de Manuel Moldes, unha homenaxe a un artista comprometido coa súa terra e referente da cultura galega, pero tamén un profesor que deixou unha fonda pegada na Facultade de Belas Artes da UVigo. Ampliada e acomodada ao espazo da Casa Galega da Cultura, poderá visitarse na cidade olívica ata o 24 de abril.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova Eirós, no concello lucense de Triacastela, permiten ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades. Así, as 50 moedas romanas atopadas na Cova das Cabras permiten documentar un nivel de ocupación, da segunda metade do século IV d.C., non rexistrado ata a data, nin en Cova Eirós, nin noutros xacementos da contorna.
O colectivo eXXperimenta en Feminino, formado por un centenar de docentes da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo, recibiu este mércores o XVI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) homenaxeará ao veterinario Juan Rof Codina como ‘Científico Galego do Ano’ polo Día da Ciencia en Galicia, efeméride que se celebrará o vindeiro 6 de outubro. A decisión adoptada pola RAGC valorou detidamente a figura de Rof Codina e salientou a súa contribución á modernización do sector agropecuario en Galicia e á difusión do concepto de asociacionismo entre os gandeiros galegos.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES