
Aínda que existen moitas causas que poden provocala (lesións ou desenvolvemento cerebral anormal, enfermidades
), a día de hoxe non existe ningunha forma de previr as crises, que no 70-80% das e dos pacientes se tratan con fármacos antiepilépticos.
Aínda que a maioría das crises epilépticas non ocasionan accidentes graves ás persoas que as padecen, a posibilidade de detectalas antes de que se produzan contribuiría de xeito significativo a mellorar a súa calidade de vida. A nosa proposta busca desenvolver un dispositivo que permita predicir crises epilépticas con varios minutos de antelación. O dispositivo rexistrará sinais de electroencefalograma (EEG) para analizalas con intelixencia artificial (IA) e buscará patróns que permitan a predición dunha crise, explica Carlos Riveiro Cedeira, investigador do grupo CIMA da UVigo, que está a desenvolver o dispositivo ao abeiro do proxecto PredictEPI, financiado pola multinacional Indra e a Fundación Universia. O obxectivo principal é demostrar que é posible predicir as crises epilépticas en tempo real e en pacientes que realicen unha vida normal, fóra da clínica, e buscar o límite ata o cal a tecnoloxía pode chegar en termos de fiabilidade e tempo de predición, sinala o investigador, que destaca que CIMA xa traballara no pasado en proxectos enmarcados no ámbito da biomedicina, ademais de ter experiencia no uso de intelixencias artificiais. Non obstante, a idea de xuntar IA para detectar ou anticipar sucesos a nivel neurolóxico é unha liña na que nos embarcamos agora con este proxecto, e que esperamos que nos leve a facer moitos máis.
Así mesmo, o dispositivo no que traballan os investigadores rexistrará as ondas eléctricas cerebrais co obxectivo de apoiar o seguimento de enfermidade e axustar o tratamento por parte do equipo médico a cargo dos pacientes.
Un dispositivo que traslade o coñecemento científico a pacientes reais
Que as persoas que sofren crises epilépticas poidan ser alertadas delas con varios minutos de antelación, permitiríalles adoptar medidas de seguridade que eviten golpes ou lesións, e mesmo, nalgún caso, a morte. Isto, ademais do indubidable efecto sobre a seguridade, ten consecuencias a nivel de inclusión social e laboral, pois aumentaría a liberdade das persoas epilépticas e a súa capacidade de realizar certas tarefas sen riscos e de forma autónoma, argumenta Carlos Riveiro, que lembra que ao grupo de investigación, á hora de volver a traballar en temas relacionados coa medicina, se lles ocorreron varias ideas, pero á que máis futuro lle viron e tamén, máis os motivaba, foi a de predicir episodios epilépticos.
Riveiro confirma que na actualidade, só existe un dispositivo comercializado no mundo, o MJN-seras, e que aínda que hai bastante literatura científica sobre algoritmos matemáticos para analizar EEGs clínicos e predicir crises epilépticas, falta o paso final de incorporalo todo nun mesmo dispositivo e estudalo en pacientes reais.
Primeiros pasos
PredictEPI comezará a desenvolverse unha vez se concreten os detalles coas entidades financeiras e coa Asociación Coruñesa de Epilepsia e a Federación Española de Epilepsia, coas que CIMA colabora. O proxecto do grupo de investigación da UVigo foi unha das tres propostas gañadoras da VI Convocatoria de ayudas a proyectos de investigación aplicada a la creación de nuevas Tecnologías Accesibles Indra-Fundación Universia, á que desde o seu lanzamento concorreron máis dun cento de grupos de investigación de universidades públicas e privadas, que presentaron máis de 300 propostas.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.