Archivo (3 del 2022)

Buscador

Noticias

Vigo converteuse na primeira universidade galega en probar as vantaxes da tecnoloxía 5G en ámbitos como a seguridade ou a xestión da mobilidade. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o centro de investigación atlanTTic viviron unha experiencia en torno a estas novas tecnoloxías co obxectivo de probar os beneficios deste novo estándar para desenvolver solucións de seguridade e Smart Campus, grazas á súa aplicación á medición do tráfico de transeúntes e vehículos.
O Centro de Investigación de Química Biolóxica e Materiais Moleculares cumpre dez anos na vangarda da ciencia no ámbito internacional. Con este motivo, o I Simposio Química na Fronteira que se desenvolverá os días 30, 31 de marzo e 1 de abril, terá como convidados a recoñecidos persoeiros, incluído o premio Nobel 2021, David MacMillan, quen tamén participará no programa de divulgación científica da USC ConCiencia.
Mar Masulli, Pepa Sedó, Carolina López, María Benítez, Rocío Lara, Ainoa Castro, Noemí Rabasco e Antía Fernández, todas son mulleres e todas traballan ou estudan no sector da automatización e da robótica. Elas foron as protagonistas da terceira edición das Xornadas técnicas AER-UVigo, unha actividade coordinada polo profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Ignacio Armesto, 'alma mater das xornadas'.
'A pandemia contribuíu a aumentar a violencia machista e intensificou a fenda dos coidados, que recaen maioritariamente sobre as mulleres'. Esta afirmación é un dos eixos sobre o que se asenta o Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria ao que se deu lectura no acto co que a USC conmemorou o Día Internacional das Mulleres.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade premiou a trece escolares de Lugo que resultaron gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública Provincial en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia. Na fase final participan os traballos que resultaron vencedores nos distintos certames municipais.
O informe titulado 'Impacto da COVID-19 na Universidade de Santiago de Compostela' elaborado polos profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Bastida e Miguel A. Vázquez Taín, destaca a 'alta capacidade de adaptación e flexibilidade por parte da institución' universitaria á hora de facer fronte á pandemia a través dunha estrutura de xestión cun 'alto grao de descentralización'.
A mobilidade do futuro será 'conectada, autónoma, eléctrica e compartida', e tamén extendida (a conexión entre os sectores da automoción, TIC, aeroespacial e hiperlonxevidade será cada vez maior). Así se expuxo no peche do proxecto europeo MoBAE, no que representantes do mundo da ciencia, a empresa e as institucións puxeron en común os retos e oportunidades que marcarán a nova mobilidade.
O estudo da percepción que os residentes dos concellos galegos teñen do Camiño de Santiago, así como a análise da eficiencia dos Centros Especiais de Emprego en Galicia conforman as dúas investigacións galardoadas no VIII Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade que outorgan o IDEGA da USC e o Consello Económico e Social de Galicia.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (132)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES