Archivo (5 del 2023)

Buscador

Noticias

Tras o seu paso polo campus de Ourense, dende hoxe e ata o 30 deste mes de xuño, a exposición Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século recala no edificio Redeiras, a sede institucional da Universidade de Vigo no Berbés.
As tres universidades públicas galegas, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, organizan conxuntamente un acto de recoñecemento ao estudantado coas mellores notas obtidas nas probas de acceso á universidade, ABAU, que terán lugar os vindeiros días 6, 7 e 8 de xuño.
Charlas divulgativas, rutas educativas sobre terreo queimado, desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas ou o apoio a comunidades de montes son algunhas das actividades que o proxecto de aprendizaxe e servizo ‘Plantando cara ao lume’, unha iniciativa liderada desde a EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e no que participan 15 centros universitarios de toda España, pon en marcha esta co obxectivo de promover unha relación sustentable entre cidadanía e incendios forestais.
Dar visibilidade ao traballo que se desenvolve nas aulas teatrais dos diferentes campus da Universidade é un dos propósitos da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario, que na noite deste luns levantaba o pano da súa XIV edición en Pontevedra. Inaugurada pola vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, a mostra botaba a andar con Incendios, unha montaxe da aula do campus de Vigo, que unha ducia de actores e actrices, na súa maioría estudantado universitario, levaron ao escenario do Teatro Principal.
O equipo de aeromodelismo da UVigo, Aerotech, xa ten rematado o deseño das súas novas aeronaves, Lign-0 e Mobula-0, coas que participarán en xullo en Valencia na competición española universitaria de aeromodelismo XtraChallenge 2023. 28 estudantes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense participan neste reto que complementa a súa formación levándoos a afrontar na realidade o deseño, fabricación e voo de aeronaves.
A oitava edición da conferencia Quantum Information in Spain (ICE-8) serve como punto de encontro para a comunidade científica en información cuántica en España, e incorpora tamén a convidados internacionais desta disciplina. O foro que botou a andar este luns 29 na Facultade de Matemáticas e que se estenderá ata o día 1 de xuño, pon un especial acento en outorgar visibilidade ao traballo dos investigadores e investigadoras máis novas.
O certame de cinema e cultura underground Galician Freaky Film Festival lanza o seu primeiro concurso de banda deseñada. Tomando como referencia Neo-Tokyo, a cidade futurista na que ten lugar Akira, o filme homenaxeado este ano; os traballos presentados deberán estar ambientados en Neo-Vigo. Este Vigo ulterior, distópico e futurista deberá estar presente en todas as obras presentadas.
A esperada cita polos amantes da música indie e underground tivo lugar esta pasada fin de semana en Sarria (Lugo). O festival consolidado na súa oitava edición arrincaba o venres cunha gran acollida de público que puido gozar de directos destacables como os da banda portuguesa First Breath After Coma, Toundra ou VVV na sala Litmar.
Xa está todo listo para a celebración en Vigo da segunda edición do encontro The Thinking Institute, unha xuntanza que busca consolidarse como encontro internacional anual para especialistas do eido da nanociencia. Nesta ocasión participarán como relatores 12 expertas e expertos chegados de diferentes lugares do mundo (Michigan, Illinois, Trieste, Amberes, Lausanne …), a inmensa maioría dos cales xa participaron na primeira edición do encontro, celebrada en xullo do 2022.
Unha investigadora do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC conseguiu afondar nun dos grandes enigmas neste eido investigador: en que medida o cambio climático afectará o biodeterioro dos materiais empregados na construción do patrimonio monumental? O estudo conclúe que o cambio climático podería reducir a biomasa acumulada nos monumentos pero a colonización resistente pode ser máis deteriorante.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (216)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES