
Entre eles, o químico Nicholas Kotov, recoñecido internacionalmente polos seus descubrimentos fundacionais no campo das nanoestruturas biomiméticas, quen proximamente será investido doutor honoris causa da Universidade de Vigo a proposta dos profesores Luis Liz Marzán e Miguel Correa Duarte, cos que colabora desde hai máis de 25 anos. A cita será do 7 ao 9 de xuño no edificio Miralles, baixo a dirección do catedrático Luis Liz Marzán e co apoio do Centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina, Cinbio.
Trátase de crear un espazo de difusión do coñecemento, intercambio de ideas e impulso de sinerxías e colaboracións internacionais en futuros proxectos de investigación. Grazas a iniciativas internacionais como esta, promociónase o talento investigador, tanto do Cinbio como da Universidade de Vigo, a través do contacto con investigadoras e investigadores do máis alto nivel, subliña o seu organizador, Luis Liz Marzán, quen insiste en que será un programa protagonizado pola nanociencia, incluíndo estudos fundamentais, novas técnicas de caracterización, e aplicacións nos eidos da biomedicina e a enerxía.
Será, ao seu xuízo, un programa protagonizado pola nanociencia, incluíndo estudos fundamentais, novas técnicas de caracterización e aplicacións nos eidos da biomedicina e a enerxía. O obxectivo, un ano máis, é crear un foro de pensamento e debate científico que busca o intercambio de coñecemento, a creación e consolidación de redes de colaboración que poidan dar os seus froitos a medio e longo prazo, destaca o director da iniciativa.
Especialistas en nanociencia, nanomedicina e nanoquímica
Nesta ocasión, o panel de relatores está formado, ademais de polo propio Nicholas Kotov (University of Michigan), por Catherine J.Murphy (University of Illinois); Maurizio Prato (CIC biomaGUNE e Universidade de Trieste); Mónica Olvera de la Cruz (Northwestern University); Sara Bals (Universiteit Antwerpen); Joerg Lahann (University of Michigan); Francesco Stellacci (Ecole Polytechnique Fédérale de Lausanne); Michael Bedzyk (Northwestern University); o propio Luis Liz Marzán (CIC biomaGUNE e Universidade de Vigo), e tamén investigadores máis novos do Cinbio: Sara Núñez Sánchez, Lakshminarayana Polavarapu e Margarita Vázquez González. Son en total trece poñentes, expertos nos eidos da nanociencia, nanomedicina e nanoquímica. Unha vez superada a pandemia da covid-19, a presente edición do Thinking Institute será 100% presencial, confirmando así o interese deste plantel de especialistas pola actividade do Cinbio e a Universidade de Vigo, recalca o catedrático.
O congreso está dirixido a investigadoras e investigadores interesados nos nanomateriais e disciplinas relacionadas; tanto en etapa estudante como sénior. Cabe destacar, que o público asistente terá a oportunidade de conversar cos relatores invitados, xa que o formato inclúe tempos específicos para favorecer a interacción, coa finalidade de impulsar colaboracións internacionais.
En 2022 asistiron máis de medio cento de científicas e científicos
Para asistir ao congreso é necesaria a inscrición previa na páxina web do Cinbio, tendo prioridade o propio persoal do centro. Na primeira edición do encontro, celebrada no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais o 4 e 5 xullo do 2022, contouse coa participación de máis de medio cento de científicas e científicos.
O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para reforzar o acompañamento psicolóxico aos estudantes. Este acordo, dotado con 60.000 euros, dá continuidade ao xa asinado en 2025, un ano no que se os dispositivos de acompañamento psicolóxico das universidades públicas galegas atenderon 370 alumnos.