
O prazo de recepción de traballos ábrese o 13 de abril e péchase o 24 de xullo ás 24 h. Pódense presentar obras tanto en galego como en castelán, de entre dúas e catro páxinas, en cor ou branco e negro e sen máximo de autores por obra. Este concurso creativo está restrinxido a traballos autoconclusivos e inéditos, nos que tanto a historia como os personaxes non foran publicados con anterioridade.
Os gañadores serán elixidos por un xurado composto por tres profesionais do mundo do cómic que elixirán os tres traballos que retraten con máis orixinalidade e calidade o Vigo do futuro. Outorgarán un primeiro premio, que recibirá 300 , e dous finalistas, que recibirán 100 . Ademais, tanto os tres traballos premiados como outros que a organización considere de interese serán incluídos nun libro producido polo GFFF.
Os membros do xurado especializado son Fernando Llor, guionista de cómics desde 2014 con máis de 15 traballos publicados en España, Estados Unidos, Francia e Portugal, gañador do Premio a Mejor Guionista Español en los Premios José Sanchis Grau (en 2019) e profesor de guión; Melo, dono da libraría viguesa especializada en cómic Banda Deseñada; e Alicia Jaraba, guionista e ilustradora viguesa que traballa no mercado francés, autora de Soy La Malinche e a serie Les detectives du surnaturel.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.