
O programa, coordinado polo catedrático da USC AgustÃn Merino GarcÃa e que conta con financiamento da Fundación Español para a Ciencia e a TecnoloxÃa (FECYT), aposta polo método educativo para poñer contacto a estudantes con membros das comunidades afectadas e outros axentes vinculados ao fenómeno dos incendios. O obxectivo pasa por comprender a problemática sobre o terreo e xerar solucións colectivas que atendan ás necesidades reais dunha problemática complexa, como son os incendios forestais, que en 2022 asolaron máis de 50.000 hectáreas de monte en Galicia, nunha das peores tempadas de incendios desde que existen rexistros na comunidade.
“Nos últimos anos avanzouse en aspectos técnicos relacionados coa prevención, a detección ou a recuperación das áreas queimadas”, explica AgustÃn Merino, quen ve “limitada a implementación destes avances por mor da falta de transferencia de coñecementos á sociedade e a implicación cidadá”. Para abordar este desafÃo, o proxecto Plantando cara ao lume conecta a centros educativos e de investigación con administracións públicas, propietarios, entidades privadas ou ONGs en 11 comunidades autónomas, nas que se desenvolverán actividades de prevención, restauración, formación e divulgación sobre incendios, engade Merino.
Actividades en Galicia
O proxecto Plantando cara ao lume tivo unha intensa actividade esta primavera na comunidade galega, onde se desenvolveron distintas accións en numerosos centros educativos das provincias da Coruña, Lugo e Ourense, ademais de dúas rutas polo Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e pola Serra do Courel.
As charlas divulgativas e de sensibilización celebradas en colexios e institutos galegos abordaron a xestión sustentable dos bosques e dos solos, asà como as causas e consecuencias ambientais, sociais e económicas dos incendios e as posibles medidas de prevención e mitigación, a través de demostracións sobre o terreo. Estas sesións foro impartidas por docentes e estudantes da EPS de EnxeñarÃa e da Facultade de BioloxÃa da USC, asà como por profesorado e alumnado dos ciclos formativos do IES Cidade de AntioquÃa (Xinzo de Limia) e o IES Lucus Augusti (Lugo), co apoio de axentes da ConsellerÃa de Medio Rural da Xunta de Galicia.
“Son accións moi importantes, aÃnda que pouco coñecidas”, subliña o alumno do dobre grao en EnxeñarÃa AgrÃcola e Agroalimentaria e EnxeñarÃa Forestal e do Medio Natural no Campus Terra da USC, VÃctor Méndez Este ano, Plantando cara ao lume acudiu a centros educativos da capital luguesa, Chantada, Seoane do Courel e A Pobra do Brollón, en Lugo; Cedeira, Santa Comba e A Estrada, na Coruña; e MuÃños, en Ourense, relatou Méndez, para logo sinalar que “as actividades de campo en Xurés e no Courel serviron aos estudantes dos graos de Forestais, BioloxÃa, Ciencias da Comunicación e Formación de Profesorado, asà como a alumnado do IES Lucus Augusti, para desenvolver habilidades divulgativas e de liderado no medio natural.
As achegas realizadas polo alumnado universitario foron diversas. AsÃ, estudantes de BioloxÃa lideraron un estudo sobre a restauración da vexetación e un estudante da EPS de EnxeñarÃa coordinou unha análise de severidades do lume, co obxectivo de analizar a afectación e os danos do chan nunha zona incendiada o verán pasado. Mentres tanto, outros estudantes de Comunicación Audiovisual fixeron unha reportaxe sobre as xornadas de campo e tamén se deseñou unha ruta educativa. “Ao ser estudantes de diferentes ámbitos, complementámonos moi ben”, afirma o alumno Roberto Mourente.
Aprender a convivir co lume
‘Plantando cara ao lumeÂ’ culminará este verán cun workshop internacional sobre innovación educativa para aprender a convivir cos incendios forestais que se desenvolverá en Santiago de Compostela os dÃas 12, 13 e 14 de xullo de 2023 baixo o lema ‘Educar para convivir co lumeÂ’.
O obxectivo deste encontro é a procura de novas fórmulas e modelos para formar e sensibilizar á poboación, incrementando a implicación cidadá e a transferencia de coñecementos, xa que se demostrou que estes factores contribúen a reducir a ocorrencia de incendios, di AgustÃn Merino, que ve necesario xerar estratexias estables que axuden a previr os incendios e a reducir o impacto do “maior problema ambiental de España”
Estas xornadas pretenden ser un punto de encontro de todos os sectores implicados na prevención de incendios ou afectados polos lumes forestais. A inscrición para tomar parte neste foro xa está aberta e o programa inclúe mesas redondas interactivas, sesións de brainstorming, actividades de campo e talleres de gamificación, innovación pedagóxica ou creación de materiais audiovisuais, asà como unha charla de Laura Bertha Reyes Sánchez, presidenta da Organización Internacional de Ciencias do Solo.
Publicada en 1603, a traxedia do prÃncipe de Dinamarca pisa agora o escenario do Centro Dramático Galego cunha versión que sitúa no presente os seus conflitos e as tensións da coñecida trama: Hamlet enfróntase á morte do pai, ao precipitado matrimonio da súa nai co seu tÃo e á aparición dun fantasma que lle esixe vinganza, nunha historia marcada pola traizón, o remorso e a procura de certezas nun mundo moralmente corrompido. Nesta nova montaxe constrúese ao longo de 130 minutos unha peza viva, accesible e tamén divertida, sen renunciar á profundidade do texto orixinal. A intención é ofrecer un espectáculo no que o público galego poida verse reflectido dalgún xeito, recoñecendo cuestións, contradicións e dilemas que tamén forman parte da nosa época.
A Real Academia Galega de Ciencias elixiu á oceanógrafa Aida Fernández RÃos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como 'CientÃfica Galega do Ano'. Foi unha investigadora de referencia internacional no estudo dos océanos, labor que exerceu desde o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, pertencente ao CSIC. O investigador do Instituto José LuÃs Garrido, quen, ademais de traballar durante tres décadas con Aida Fernández RÃos mantivo con ela unha relación moi estreita, destaca o que el chama 'o efecto Aida': 'Tiña un carisma extraordinario e un encanto persoal tremendo'.