Notas de prensa

Dezaseteº Ribeira Sacra anuncia o seu cartel por días con The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca ou Puño Dragón, entre outras propostas musicais

Dezaseteº Ribeira Sacra xa distribuíu por días a programación musical da súa 10ª edición, que se celebrará do 24 ao 26 de xullo en distintos enclaves da Ribeira Sacra lucense. The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca, Anni B Sweet e Puño Dragón encabezan un cartel que volverá unir música en directo, patrimonio, paisaxe e identidade nunha proposta concibida para gozar da Ribeira Sacra desde dentro.

O anuncio chega, ademais, nun momento especialmente relevante para o festival, que vén de ser distinguido nos Iberian Festival Awards 2026 cos galardóns a Best Small Festival -por quinto ano consecutivo- e Best Touristic Promotion. Un dobre recoñecemento que consolida a Dezaseteº Ribeira Sacra como o evento cultural con maior proxección internacional da Ribeira Sacra.

A programación arrancará o venres 24 de xullo no Escenario Concertos do Xacobeo de Bodegas Regina Viarum, en Sober, con tres propostas de gran personalidade: Baiuca, Anni B Sweet e Mariagrep & Mundo Prestigio. Será a primeira gran noite dunha edición que volve combinar artistas consolidados e proxectos singulares nunha contorna de extraordinario valor paisaxístico.

O sábado 25 de xullo desenvolverase en dúas localizacións. O Santuario de Nosa Señora de Cadeiras, en Sober, acollerá a actuación de Los Invaders no Escenario Alhambra, no marco da segunda edición do Mercado Gastro(Arte)Sano. De acceso libre, esta proposta preséntase como un espazo de encontro entre música e gastronomía da man de produtoras e produtores locais e adegas, cunha programación que se dará a coñecer proximamente.

Xa pola tarde e a noite, o festival regresará ao Escenario Concertos do Xacobeo de Bodegas Regina Viarum, onde terá lugar unha das citas centrais desta edición con The Divine Comedy, Sidonie e Puño Dragón, tres nomes que reforzan o carácter especial do décimo aniversario.

A última xornada celebrarase o domingo 26 de xullo no Escenario Alhambra da Praza do Cantón, en Chantada, onde Vera Fauna ofrecerá un concerto de acceso libre que porá o broche final a unha edición chamada a converter de novo a Ribeira Sacra nun punto de encontro entre cultura contemporánea e paisaxe.

EXPERIENCIAS E GASTRONOMÍA PARA COMPLETAR O 10º ANIVERSARIO

Como é habitual e como un dos seus principais sinais de identidade, Dezaseteº Ribeira Sacra completará o cartel musical cunha programación de experiencias especialmente coidada. A edición deste ano incluirá propostas novidosas, entre elas os Momentos Alhambra a bordo dun catamarán ou en espazos singulares como algúns dos mellores miradoiros da Ribeira Sacra. Deste xeito, o festival amplía a súa proposta máis alá dos escenarios e ofrece novas formas de descubrir o destino, a través doutros ritmos, doutros tempos e doutras perspectivas.

En paralelo, reforzará tamén unha oferta gastronómica de gran nivel, coa que o público poderá achegarse aos sabores do territorio tanto da man de pequenas produtoras e produtores locais como de recoñecidos chefs. Todo isto conformará unha programación culinaria integrada no universo do festival e pensada para seguir facendo da experiencia Dezaseteº unha vivencia completa.

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo; de Bodegas Regina Viarum; do Concello de Sober e Cervezas Alhambra, que mantén o seu apoio ao festival na súa aposta por experiencias únicas que convidan a gozar sen présa e a dedicarlle a cada momento o tempo que merece.

UN PROXECTO PIONEIRO DE I-RADIA CREA

Esta visión nace da traxectoria de i-radia Crea, promotora especializada na creación de festivais que poñen en valor enclaves rurais desde unha mirada contemporánea. Dezaseteº Ribeira Sacra foi a orixe deste modelo: demostrar que un festival respectuoso coa contorna, pensado desde a sensibilidade e vencellado ao lugar podía situarse entre os máis valorados do panorama ibérico.
A partir desa experiencia, a filosofía expandiuse baixo a marca Festivales Territorio, unha familia de eventos que une música, paisaxe, gastronomía e patrimonio para crear experiencias singulares en diálogo con cada lugar, con proxectos como Tierra Bobal Fest e Nómade Ontinyent-Terres dels Alforins, na Comunitat Valenciana, ou Esférica Rioja Alavesa, en Álava.

Festival 17 Grados, 2026-03-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES