Noticias

A oceanógrafa Aida Fernández Ríos, Científica Galega do Ano, homenaxeada como exemplo de muller á fronte de equipos formados integramente por homes

A Real Academia Galega de Ciencias elixiu á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como 'Científica Galega do Ano'. Foi unha investigadora de referencia internacional no estudo dos océanos, labor que exerceu desde o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, pertencente ao CSIC. O investigador do Instituto José Luís Garrido, quen, ademais de traballar durante tres décadas con Aida Fernández Ríos mantivo con ela unha relación moi estreita, destaca o que el chama 'o efecto Aida': 'Tiña un carisma extraordinario e un encanto persoal tremendo'.

O Concello de Tomiño, localidade na que residía, vai celebrar esta tarde unha xornada na súa homenaxe no Espazo Isaura Gómez, a partir das 20:00 horas. Esta iniciativa enmárcase nas actividades que o Concello está a desenvolver dentro do Mes da Muller, en particular das iniciativas centradas nas 'Mulleres Referentes na Ciencia'.

Abrirán o acto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente da RAGC, Juan Lema; e a responsable da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC, Luisa Martínez. Participarán no mesmo varios profesionais cos que Aida estivo vencellada ao longo da súa traxectoria: Carmen González Sotelo, delegada do CSIC en Galicia; José Luís Garrido, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, centro do que foi vicedirector cando a homenaxeada exerceu como directora -foi a primeira muller en dirixir o IIM, labor que desempeñou entre 2006 e 2011-; Fiz Fernández, tamén investigador do IIM e académico da RAGC; ademais de Noelia Fajar, doutora en Química á que Aida dirixiu a tese e que na actualidade traballa no IIM.

De auxiliar de laboratorio a profesora de investigación e directora do Instituto de Investigacións Mariñas

O investigador do Instituto de Investigacións Mariñas José Luís Garrido, quen, ademais de traballar durante tres décadas con Aida Fernández Ríos mantivo con ela unha relación moi estreita, destaca o que el chama 'o efecto Aida': 'Tiña un carisma extraordinario e un encanto persoal tremendo, era unha persoa moi alegre, os que a coñecían quedaban fascinados con ela. Co seu sorriso engaiolaba a todo o mundo'.

Garrido manifesta que 'Aida representaba a alegría que hai na ciencia, xa que transmitía moito entusiamo polo seu traballo. Era unha científica de primeiro nivel. A Real Academia Galega de Ciencias no puido elixir mellor Científica Galega do Ano'.

O investigador do IIM salienta que a oceanógrafa galega foi un exemplo de como a constancia e o coñecemento levan á consecución de metas profesionais. 'Ela entrou no Instituto como auxiliar de laboratorio limpando tubos de ensaio e acabou converténdose en profesora de investigación e en directora do centro' -indica-. Ademais, pon de relevo os seus enormes logros como muller: 'Foi das primeiras en moitos aspectos. Así, a bordo de buques oceanográficos foi moitas veces xefa de campaña, estando á fronte de equipos científicos e de tripulacións formadas integramente por homes'.

O seu artigo publicado na revista Science, un dos máis citados da ciencia galega

Respecto á contribución á ciencia de Aida Fernández Ríos, Garrido sinala que o seu traballo axudou a comprender mellor os efectos do cambio climático no océano. 'En relación ao estudo da acidificación oceánica, non hai ninguén en España que teña feito unha achega tan relevante' -asegura-. Nesta liña, lembra que o seu artigo publicado na prestixiosa revista científica Science sobre a avaliación dos niveis de CO2 no océano debido á acción humana foi o artigo máis relevante do Instituto de Investigacións Mariñas e un dos máis citados da ciencia en Galicia. 'Comprender o que está a suceder no océano como consecuencia do cambio climático é fundamental e a contribución de Aida foi transcendental' -declara o investigador-.

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), 2026-03-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES