Archivo (4 del 2023)

Buscador

Noticias

A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, entregou o Premio I+D+i en IA da Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (AMETIC) ao investigador Óscar Fontenla Romero do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña.
O Festival SonRías Baixas desvelou a distribución por días dos artistas que participarán na súa vindeira edición, que se celebrará durante os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu (Pontevedra), e na que o evento galego celebra o seu 20 aniversario. O cartel, encabezado por Natos y Waor, La Pegatina e Macaco, aposta de novo por unha proposta musical ecléctica, na que teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska.
A UDC leva catro anos traballando coa Fundación Galicia Sustentable no Concello da Laracha sobre modelos baseados nos principios da agricultura sintrópica para a rexeneración de chans. Este estudo conseguiu demostrar que estas técnicas de agricultura rexenerativa dan resultados moi notables na recuperación do chan en plantacións intensivas de eucalipto, recuperando a súa produtividade agroalimentaria.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das xornadas Violencia e morte na historia, organizadas polo centro co apoio da Vicerreitoría do campus de Ourense. A cita arrancou cunha conferencia de Mª del Carmen Saavedra, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, sobre violencia e guerra en época moderna.
O Festival RESIS segue enchendo A Coruña da mellor música contemporánea e arte internacional. Como parte da súa programación, esta semana haberá unha instalación sonora e mais un concerto. O venres, día 28 de abril, ás 20:00, inaugurarase Faro Horizontal/7, instalación que se poderá visitar ata o día 19 de maio na Fundación Luís Seoane. Trátase dunha obra que mestura a música coa arte visual, da man de Marco Maril e Juan Lesta respectivamente.
En catro días, o FIV de Vilalba volverá tinguir de fucsia a localidade na que se celebra o primeiro festival da tempada desde fai dezaseis anos. Vilalba espera numerosos visitantes na súa edición máis multitudinaria, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. O venres, o festival abrirá as súas portas ás 19 horas coa sesión de Tangerine Sistas, que dará paso ás actuacións de Moura, Carlangas, Sidecars, La Casa Azul e Akkan.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a cesión dos terreos na Cidade das TIC onde se vai construír o edificio onde se ubicará a sede do Ecosistema dixital do sector audiovisual de Galicia.
O Festival de Teatro Universitario de Lugo bota o pano coa actriz Ana Esmith 'Miss Beige' como mestra de cerimonias do 'Salón dos rexeitados', logo dunha edición con 'marcado carácter social e reivindicativo', segundo puxeron de manifesto as temáticas das montaxes presentadas no auditorio Gustavo Freire polas compañías que tomaron parte na última edición deste certame.
A vixésimo terceira Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar este luns 24 de abril en Santiago de Compostela para achegar á comunidade universitaria e á cidadanía as novas creacións da escena teatral das universidades galegas. A Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, o Teatro Principal e o Auditorio Abanca erguen o pano para acoller a representación de sete pezas ata o 4 de maio.
Como xa é tradición, a Aula Universitaria do campus de Ourense Rosaura arrancou a programación da 28ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A cita, que se prolongará ata o 6 de maio contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES