Seguiulle Julio Prada, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e decano desta Facultade de Historia, que fixo un percorrido historiográfico pola violencia política na España contemporánea. Para rematar, Manuel Chust, catedrático de Historia de América da Universitat Jaume I de Castellón, ofreceu o relatorio A historia no punto de mira da violencia: debates, teorías e militancia en América Latina (1964-1976).
Tal e como destacou Julio Prada na benvida ao numeroso alumnado do Grao de Xeografía e Historia presente nas xornadas, esta actividade forma parte da programación didáctica, do apartado de eventos científicos, de todas as áreas con actividade na Facultade de Historia deste campus. Por este motivo, para as xornadas escolleuse unha temática transversal sobre a que as áreas implicadas propoñen un especialista para abordar algún aspecto relacionado con ese tema desde o seu campo de interese. Deste xeito, na cita celebrada este xoves participaron as áreas de Historia Moderna, Historia Contemporánea e Historia de América. Nunha segunda edición das xornadas que terá lugar a finais de outubro, volverase a falar da violencia e a morte na historia pero desde enfoques propostos por outras áreas. O Grao de Xeografía e Historia que impartimos na nosa facultade é xeralista e con este tipo de xornadas queremos ofrecer ao noso alumnado temáticas e actividades de especialización, comenta Julio Prada.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.