Notas de prensa

Mulleres tecnólogas reivindican o seu papel no sector da robótica e a automatización

Mar Masulli, Pepa Sedó, Carolina López, María Benítez, Rocío Lara, Ainoa Castro, Noemí Rabasco e Antía Fernández, todas son mulleres e todas traballan ou estudan no sector da automatización e da robótica. Elas foron as protagonistas da terceira edición das Xornadas técnicas AER-UVigo, unha actividade coordinada polo profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Ignacio Armesto, 'alma mater das xornadas'.

Armesto puxo o énfase en proxectar o papel das mulleres en dous sectores nos que, tal e como destacaron as participantes, a presenza feminina segue a ser, pese aos avances acadados, aínda minoritaria.

“Todas estas mulleres son pioneiras e verdadeiros exemplos a seguir”, recalcou a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, na inauguración das xornadas, organizadas pola Asociación Española de Robótica e Automatización, AER, e a Universidade de Vigo. Xunto a ela participaron tamén o xerente de AER, Alex Salvador, e o presidente de AER Automation, Salvador Giró, aos que se sumou, a través dunha intervención previamente gravada, o alcalde de Vigo Abel Caballero.Todos fixeron fincapé na importancia de que as mulleres se sumen ás carreiras STEM, “que isto sexa a norma e non a excepción”, tal e como destacou o xerente de AER, quen tamén salientou que se trata de sectores laborais con grandes perspectivas de futuro e nos que as ofertas de traballo non van deixar de medrar. “O futuro amósase excelente e estou seguro de que as mulleres van ter moita máis presenza a todos os niveis”, subliñou o presidente de AER Automatión. Ademais de felicitalas polas súas traxectorias, a vicerreitora de Investigación destacou tamén a importancia de “non prescindir do talento da metade da poboación” en dous ámbitos que son claves para a economía, “tanto a curto como medio prazo, e que supoñen todo un cambio de paradigma para o emprego”.

“Hai ofertas laborais nas que de cada 30 currículos, só un é de muller”

Celebrada de xeito totalmente virtual, a mesa redonda contou coa participación de mulleres directivas de diferentes empresas asociadas a AER Automation, como Mar Masulli, CEO & Co-founder de Bitmetrics; Pepa Sedó, R&I Policies and Funding Programmes de Eurecat; Carolina López, Chief Technology Officer de Infaimon; María Benítez, Chief Marketing Officer de Robotnik e Rocío Lara, responsable da Ãrea Educativa de Ro-Botica. Xunto con elas, interviñeron tamén unha alumna da Universidade de Vigo, Ainoa Castro, do Grao en Electrónica Industrial e Automática, e outra de Formación Profesional, Noemí Rabasco, que cursa o Grao superior en Automatización e Robótica Industrial. Encargouse de exercer como moderadora Antía Fernández, directiva neste caso do centro tecnolóxico Gradiant, onde exerce como R&D Codirector of Intelligent Systems Area.

Cada unha delas achegou as súas experiencias, relatou como foi o seu proceso de formación e traxectoria laboral en eidos maioritariamente masculinizados, e unírono co relato do traballo que desenvolven na actualidade nos grupos de traballo AER que elas lideran. “Somos unhas auténticas namoradas das tecnoloxías”, explicou Carolina López, ao que María Benítez, engadiu que “hai ofertas laborais nas que de cada trinta currículos, só un é de muller”, unha escaseza de profesionais que Antía Fernández achacou a que “falta que se formen, que se matriculen neste tipo de titulacións STEM para que logo nos poidan chegar currículos ás empresas”.

Elas son enxeñeiras de telecomunicación, industriais ou, mesmo, xornalistas e, desde sempre, as súas traxectorias profesionais estiveron vinculadas ao mundo da I+D, da industria 4.0, da intelixencia e visión artificial, da saúde, do deseño e impresión 3D... multitude de sectores porque, tal e como elas mesmas destacaron, a automatización e a robótica están presentes na inmensa maioría de actividades industriais.

Universidade de Vigo, 2022-03-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES