Archivo (11 del 2023)

Buscador

Noticias

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza coa directora do centro asociado da Uned en Lugo, Ana Traseira, e co presidente do colectivo Egeria, Xulio Xiz, na que valoraron as posibles vías de colaboración para levar a cabo un proxecto cultural conxunto a desenvolver no primeiro semestre do próximo ano.
Este xoves, 30 de novembro, ás 10,30 h, na Biblioteca do Instituto Gregorio Fernández de Sarria, foi presentado o libro A PARADELA DOS MÁIS NOVOS, editado polo Concello de Paradela con motivo do seu bicentenario, e no que colaboraron os alumnos do Ceip de Paradela e os alumnos de Paradela que cursan estudos nos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández.
Un equipo de persoal investigador revisita, cen anos despois da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), o labor daquela mocidade que en 1923 puxo “os alicerces dunha construción, cultural e científica, monumental”. Este é o cometido da obra As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, editada polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e que se presentou no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Comeza a conta atrás para celebrar unha nova edición do festival científico CinVigo, organizado por segundo ano consecutivo polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, co propósito de converter as rúas e prazas de Vigo nun auténtico laboratorio, aberto a toda a cidadanía, e no que o alumnado de ensino medio será o protagonista.
Os reitores das tres universidades públicas galegas, Antonio López (USC), Julio Abalde (UDC) e Manuel Reigosa (UVigo) asinaron este luns 27, xunto ao conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, dous convenios de colaboración para apoiar a dixitalización e mellora das infraestruturas das tres institucións académicas.
A clave do éxito do CEMI, o Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, está en reunir talento e experiencia. O equipo involucrado no programa supera as 100 persoas, 52 da Universidade da Coruña e 47 da compañía pública, ás que habería que engadir outras que se integran nos grupos de traballo a través das subcontratacións necesarias para determinados proxectos.
O II Certame de Paisaxe Sonora, unha iniciativa a prol do fomento da creatividade promovida pola USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo, distingue as obras ‘Sensacións do Morrazo’, de Carlos Suárez, e ‘El Peregrino’, de Luz María Salgueiro e Diego Sanmartín.
O vindeiro ano as JAI, Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, cumprirán 20 anos, dúas décadas fomentando a relación entre o mundo profesional e o universitario. A celebración deste aniversario converterá a cidade de Vigo no epicentro da automatización, a robótica e a dixitalización industrial, xa que as JAI 2024 terán lugar na mesma semana de novembro na que cidade olívica vai acoller outras dúas citas de alto nivel no eido da automatización industrial
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña participará nun proxecto europeo, liderado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), no que participan a Associação de Municípios para a Gestão Sustentável de Resíduos do Grande Porto e a Universidade dá Beira Interior, sobre transformación dixital con tecnoloxías intelixentes para a clasificación de residuos de envases de orixe doméstico.
O Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticose adscrito ao Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo, é un dos socios do proxecto europeo Fascomet, un ambicioso traballo financiado con 1,6 millóns de euros dentro do programa Horizonte Europa, co que se tratará de avanzar no desenvolvemento dunha tecnoloxía capaz de multiplicar por dez a capacidade actual de almacenamento da información, cun custo inferior ás tecnoloxías habituais.
« Anterior | 1  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES