
O xurado provincial estivo formado por María José Gómez, xefa de Cultura da Xunta en Lugo; Isabel Pérez Fórneas, directora da Biblioteca; Ana Carreira, dramaturga e narradora, e o xornalista Xulio Xiz, que actuou como secretario.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto de entrega de premios no salón de actos da Biblioteca. Cada un dos gañadores recibiu como regalo un lote de libros e unha figura de Sargadelos. Ademais, a Consellería publicará un libro con todos os poemas premiados.
Os alumnos e alumnas galardoados na presente edición son os seguintes:
CATEGORÍA A ( ATA OS 8 ANOS)
1º Premio: Candela Fernández Rodríguez (8 anos). Biblioteca de Sober
2º Premio: Xiana Vázquez Guerreiro (8 anos). Biblioteca de Antas de Ulla
3º Premio: Victor Delgado Feijoo (6 anos). Biblioteca de Monforte de Lemos
Accésits:
1º Sara González Pérez (8 anos). Biblioteca de Barreiros
2º Sofía López Gallego (7 anos). Biblioteca de Outeiro de Rei
CATEGORÍA B (9 A 11 ANOS)
1º Premio: Adriana Vázquez Louzao (11 anos). Biblioteca de Antas de Ulla
2º Premio: Pablo García Martínez (9 anos). Biblioteca de Lugo
3º Premio: Lola Pedredo Defente (11 anos). Biblioteca de A Pobra de Brollón
Accésits:
1º Jairo Gómez López (9 anos). Biblioteca de Sarria
CATEGORÍA C (12 A 16 ANOS)
1º Premio: Alma Martínez Álvarez (13 anos). Biblioteca de Sarria
2º Premio: Daniela Couso Rodríguez (12 anos). Biblioteca de Antas de Ulla
3º Premio: Sara López González (15 anos). Biblioteca de Sarria
Accésits:
1º Rodrigo Cota Pérez (12 anos). Biblioteca de Monforte de Lemos
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.